Faro de Vigo dedica o seu editorial ás peaxes en Portugal, que considera "o maior ataque á Eurorrexión"
Fálase
O Goberno avanza no camiño de legalizar o fracking. O Consello de Ministros aprobou o 1 de marzo un anteproxecto de lei sobre sistemas eléctricos no que incluiu un apartado de control ambiental para esta técnica.
El País difunde un vídeo que amosa que soldados españois maltrataron prisioneros iraquís en Diwaniya. “¡Jo! A este se lo han cargado ya”, escóitase
Gales proclamouse esta tarde campiona do Seis Nacións ao derrotar a Inglaterra por 30-3. No outro partido deste sábado Italia gañoulle a Irlanda 22-15.
Fiare está celebrando a súa asemblea anual na que dará os últimos pasos para comezar a operar como entidade de banca ética.
Realizan versións hackeadas de Donkey Kong e Super Mario nas que é a princesa a que rescata a Mario. A filla de tres anos de Mike Mika preguntoulle se podería xogar coa princesa de protagonista e o pai pasou unha noite modificando o código orixinal. Pódense descargar aquí e aquí
Os antigos bolseiros poderán cotizar polas súas prácticas pasadas. O Goberno reabre o prazo que lles permite -aos que queiran- pagar para que se lles recoñeca como parte da súa carreira laboral até dous anos dos que pasaran como bolseiros. O pagamento -de entre 1.300 e 1.900 euros anuais- poderá facerse de forma fraccionada.
O PSOE estuda levar ao Tribunal Constitucional a última reforma das pensións. Entenden que é unha "burla" ao Pacto de Toledo e critican que a reforma se aprobara sen diálogo.
Ecoloxistas en Acción valora positivamente algúns dos aspectos aprobados na nova Política Agraria Común da UE pero critica que "o debate no Parlamento Europeo deixa fóra un gran número de cuestións de gran impacto social no noso sistema agroalimentar".
Manuel Baltar foi reelixido esta mañá presidente do PP de Ourense co 95,33% dos votos. O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, que se enfrontara a el en 2010, será o vicesecretario.