Realizan versións hackeadas de Donkey Kong e Super Mario nas que é a princesa a que rescata a Mario. A filla de tres anos de Mike Mika preguntoulle se podería xogar coa princesa de protagonista e o pai pasou unha noite modificando o código orixinal. Pódense descargar aquí e aquí
Fálase
Os antigos bolseiros poderán cotizar polas súas prácticas pasadas. O Goberno reabre o prazo que lles permite -aos que queiran- pagar para que se lles recoñeca como parte da súa carreira laboral até dous anos dos que pasaran como bolseiros. O pagamento -de entre 1.300 e 1.900 euros anuais- poderá facerse de forma fraccionada.
O PSOE estuda levar ao Tribunal Constitucional a última reforma das pensións. Entenden que é unha "burla" ao Pacto de Toledo e critican que a reforma se aprobara sen diálogo.
Ecoloxistas en Acción valora positivamente algúns dos aspectos aprobados na nova Política Agraria Común da UE pero critica que "o debate no Parlamento Europeo deixa fóra un gran número de cuestións de gran impacto social no noso sistema agroalimentar".
Manuel Baltar foi reelixido esta mañá presidente do PP de Ourense co 95,33% dos votos. O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, que se enfrontara a el en 2010, será o vicesecretario.
Milleiros de persoas participan en Monforte na manifestación en defensa da sanidade pública e do mantemento dos servizos hospitalarios na vila. Máis información nuns minutos en Praza.
O Apalabrados xa permite xogar en galego. Etermax incorporou ademais a opción do noruegués e xa son 14 as linguas nas que o xogo está dispoñible. Código Cero fala con Isaac González, de Cilenis.
Lucasfilm lanza unha votación mundial para escoller o personaxe favorito de Star Wars. Entre o 18 de marzo e o 9 de abril as votacións dos internautas escollerán un personaxe entre os 32 propostos que se enfrontarán en eliminatorias directas até chegar a unha final. Han Solo vs Darth Vader?
O PSOE acepta as primarias aprobada polo Comité Nacional do PSdeG para escoller un novo líder, segundo infoLibre. Pero Ferraz quere cerciorarse de que non haxa un choque de lexitimidades entre un secretario xeral elixido polas bases e outro designado no congreso
Guerra aberta entre Sousa e Carceller polo control de Pescanova. Fernández Sousa acusa a Carceller e Luxempar de mentir e explica que non hai convocado ningún consello de administración para a semana que vén.