Guerra aberta entre Sousa e Carceller polo control de Pescanova. Fernández Sousa acusa a Carceller e Luxempar de mentir e explica que non hai convocado ningún consello de administración para a semana que vén.
Fálase
A prensa da Coruña e Vigo leva ás súas portadas o desenlace do derbi de forma moi distinta. La Voz de Galicia afirma que "El Dépor recupera la esperanza" e La Opinión "El Dépor toma aire". Mentres, Faro de Vigo destaca que "Aspas pierde la cabeza y arruina al Celta" e o Atlántico que "El Celta pierde y se acerca a Segunda·
A UE pechou esta noite o acordo para rescatar a Chipre, pero impúxolles unha taxa aos aforradores que leva ás autoridades a decretar un corralito parcial. Todas as contas da illa quedarán suxeitas a unha taxa do 9,99% para os que superen os 100.000 euros, e do 6,75% para o resto.
O Parlamento aprobou por unanimidade unha iniciativa que reclama que non se lles aplique a quita aos afectados por preferentes. Mentres, en Pontevedra Rafael Louzán reuniuse con representantes de sete plataformas de afectados. Despois de hora e media a gran maioría das plataformas abandonaron a sala no medio dun gran enfado. Louzán cualificounos de "manipuladores e axitadores".
O prezo da vivenda caeu un 13,7 % en 2012 con respecto ao ano anterior, e encadena cinco anos consecutivos de descensos
Izquierda Unida iniciará unha campaña de mobilización para pedir a dimisión do Goberno e a convocatoria de eleccións.
O xuiz Ruz esixelle ao PP todas as operacións en efectivo dos últimos 15 anos. O maxistrado tamén chama a declarar como imputados a Bárcenas e Lapuerta
O Goberno concédelle un indulto parcial a David Reboredo. A medida consiste en substituir unha das dúas penas de tres anos e medio de prisión por multa de dous anos a razón de dous euros ao día. Máis información, esta tarde en Praza.
A familia Couso pide a detención dos tres militares estadounidenses procesados polo asasinato do cámara e reclama a toma de declaración dunha nova testemuña
Soraya Saenz de Santamaría afirma que "serán necesarios tres impagos para proceder a unha execución hipotecaria" e engade que o Goberno vai limitar as porcentaxes dos intereses de demora como resposta á sentenza do tribunal europeo. A vicepresidenta defende a dación en pago: "encarece o tipo de interese que se paga e reduce os cartos que emprestaban as entidades financeiras".