Soraya Saenz de Santamaría afirma que "serán necesarios tres impagos para proceder a unha execución hipotecaria" e engade que o Goberno vai limitar as porcentaxes dos intereses de demora como resposta á sentenza do tribunal europeo. A vicepresidenta defende a dación en pago: "encarece o tipo de interese que se paga e reduce os cartos que emprestaban as entidades financeiras".
Fálase
A débeda pública española marcou un récord en 2012 ao chegar ao 84,1% do PIB
Alemaña elimina as taxas universitarias. Os dous estados que mantiñan taxas deciden suspendelas. Baviera destinará 421 millóns de euros máis para educación.
PRNoticias analiza "os erros da comunicación" na crise de Pescanova, comezando pola "falta de transparencia" ou por "tratar os medios como inimigos", até o suposto despedimento do marido da delegada de Expansión en Galicia
Un concerto lembra este venres en Madrid o décimo aniversario do asasinato de José Couso a mans do exército estadounidense. Actuarán Manolo García, Celtas Cortos, Leiva, Quique González, Marwan ou Andrés Suárez. E intervirán Maribel Permuy, nai de Couso, e os seus irmáns, Javier e David.
Responsables de máis de 40 bancos aos que Pescanova lles debe cartos reúnense en Madrid para buscar unha solución á situación financeira da empresa. A débeda da multinacional galega sitúase nos 2.500 millóns de euros.
A Xunta afirma que "acatará" a sentenza do TSXG que obriga a retirarlles a subvención aos colexios que segregan por sexo os alumnos. Alberto Núñez Feijoo asegura que van estudar o fallo pero que o Goberno galego "sempre é moi respectuoso coa xustiza".
Expansión denuncia que Pescanova forzou o despedimento do marido da delegada do xornal en Galicia como resposta a unha información que publicou a pasada semana sobre o presidente do grupo, Manuel Fernández de Sousa.
Facebook incorporará os hashtags a imitación de Twitter, o que permititá amosar agrupados, en tempo real, os comentarios sobre un tema
Digg está preparando unha copia de Google Reader que recollerá as mellores características deste servizo