O Parlamento aprobou por unanimidade unha iniciativa que reclama que non se lles aplique a quita aos afectados por preferentes. Mentres, en Pontevedra Rafael Louzán reuniuse con representantes de sete plataformas de afectados. Despois de hora e media a gran maioría das plataformas abandonaron a sala no medio dun gran enfado. Louzán cualificounos de "manipuladores e axitadores".
Fálase
O prezo da vivenda caeu un 13,7 % en 2012 con respecto ao ano anterior, e encadena cinco anos consecutivos de descensos
Izquierda Unida iniciará unha campaña de mobilización para pedir a dimisión do Goberno e a convocatoria de eleccións.
O xuiz Ruz esixelle ao PP todas as operacións en efectivo dos últimos 15 anos. O maxistrado tamén chama a declarar como imputados a Bárcenas e Lapuerta
O Goberno concédelle un indulto parcial a David Reboredo. A medida consiste en substituir unha das dúas penas de tres anos e medio de prisión por multa de dous anos a razón de dous euros ao día. Máis información, esta tarde en Praza.
A familia Couso pide a detención dos tres militares estadounidenses procesados polo asasinato do cámara e reclama a toma de declaración dunha nova testemuña
Soraya Saenz de Santamaría afirma que "serán necesarios tres impagos para proceder a unha execución hipotecaria" e engade que o Goberno vai limitar as porcentaxes dos intereses de demora como resposta á sentenza do tribunal europeo. A vicepresidenta defende a dación en pago: "encarece o tipo de interese que se paga e reduce os cartos que emprestaban as entidades financeiras".
A débeda pública española marcou un récord en 2012 ao chegar ao 84,1% do PIB
Alemaña elimina as taxas universitarias. Os dous estados que mantiñan taxas deciden suspendelas. Baviera destinará 421 millóns de euros máis para educación.
PRNoticias analiza "os erros da comunicación" na crise de Pescanova, comezando pola "falta de transparencia" ou por "tratar os medios como inimigos", até o suposto despedimento do marido da delegada de Expansión en Galicia