Hollande anuncia un recorte de 30.000 millóns en dous anos. O presidente francés, nunha comparecencia na televisión, di que obterá 10.000 millóns a partir de recortes ministeriais, outros 10.000 de grandes empresas e unha última achega a través das grandes fortunas. Ademais, defende a flexibilización do mercado laboral, pero mantén a taxa do 75% aos máis ricos e revisa á baixa o crecemento de Francia, até o 0,8%.
Fálase
- PublicidadePublicidade
Fútbol. Resultados de Terceira División.
Cerceda 0 - 1 Pontevedra
Racing de Ferrol 3 - 2 Compostela
Fabril 0 - 1 Bergantiños
Betanzos 1 - 1 Ordes
Negreira 1 - 1 Céltiga
Racing Vilalbés 3 - 0 Narón
Alondras 1 - 2 Celta B
Rápido de Bouzas 0 - 1 Barbadás
Vilalonga 3 - 1 As Pontes
Somozas 3 - 1 Dorneda- PublicidadePublicidade
Fútbol. O Ourense cae na casa ante o Tenerife (2-3), mentres que o Coruxo saca un empate (0-0) en Luanco ante o Marino.
- PublicidadePublicidade
Fútbol. O Lugo saca un valioso empate ante o Sporting (1-1) no Molinón. Adiantáronse os asturianos, pero empatou Óscar Díaz nun partido no que os lucenses tiveron o apoio de centos de afeccionados galegos.
- PublicidadePublicidade
O Goberno recada até xullo só 50 millóns coa amnistía fiscal, o 2% de todo o previsto para 2012. Para cumprir coas expectativas, o Executivo debería conseguir uns 2.500 millóns de aquí a decembro.
- PublicidadePublicidade
Fontenla aposta por "seguir adelgazando administracións" en Galicia, aínda que non ve razonable que os deputados non cobren polo seu traballo. Así se manifestou o presidente da patronal galega, en declaracións á Cadena Ser.
- PublicidadePublicidade
A troika pon "obxecións" ao novo plan de austeridade en Grecia e pide máis información ao Goberno heleno.
- PublicidadePublicidade
Incidentes entre seareiros de Racing de Ferrol e do Compostela. Grupos de afeccionados de ambos os dous equipos pelexaron antes do inicio do derbi galego de Terceira. Un xornalista da Radio Galega foi agredido e ameazado.
- PublicidadePublicidade
Hollande anunciará esta noite "o recorte máis importante en 30 anos". O presidente francés presentará un axuste de 33.000 millóns cunha suba de impostos de entre 15.000 e 20.000 millóns.
- PublicidadePublicidade
Galicia gaña na Concha por quinta vez consecutiva. A traiñeira feminina Rianxeira Mecalia venceu na Olimpíada do remo logo de rematar segunda na quenda deste domingo e manter a vantaxe acadada na primeira xornada.
- PublicidadePublicidade