A troika pon "obxecións" ao novo plan de austeridade en Grecia e pide máis información ao Goberno heleno.
Fálase
Incidentes entre seareiros de Racing de Ferrol e do Compostela. Grupos de afeccionados de ambos os dous equipos pelexaron antes do inicio do derbi galego de Terceira. Un xornalista da Radio Galega foi agredido e ameazado.
Hollande anunciará esta noite "o recorte máis importante en 30 anos". O presidente francés presentará un axuste de 33.000 millóns cunha suba de impostos de entre 15.000 e 20.000 millóns.
Galicia gaña na Concha por quinta vez consecutiva. A traiñeira feminina Rianxeira Mecalia venceu na Olimpíada do remo logo de rematar segunda na quenda deste domingo e manter a vantaxe acadada na primeira xornada.
Facenda mantén que a normativa "permite perfectamente" que NGB siga soa. Así o asegura a conselleira Muñoz nunha entrevista en Europa Press.
O Comité Federal do PSOE ratifica a candidatura de Pachi Vázquez para as eleccións galegas do 21 de outubro. Aprobou tamén a de Patxi López á lehendakaritza.
Extinguido o lume forestal rexistrado no concello de Manzaneda. O incendio tería queimado preto de 30 hectáreas, segundo informa a Xunta.
O PP revalidaría a maioría absoluta en Galicia, segundo unha enquisa de La Voz. O PSdeG perdería un escano, o BNG tres e a coalición Alternativa Galega lograría 3 deputados. A abstención alcanzaría o 44%.
Merkel comprométese a impedir a saída de Grecia do euro. Segundo Der Spiegel, a chanceler quere evitar o contaxio da situación grega a outros países europeos.
O Santiago Futsal perde (1-4) ante o Inter na semifinal da Supercopa de España de fútbol sala que se está a celebrar na Coruña.