Barberá adiántalle a La Razón que se dá de baixa no PP, pero segue no Senado. A ex-alcaldesa de Valencia vai ser investigada -antiga imputación- por presunto branqueamento de capitais.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/57d96896a8514-csulneqwgaape38.jpg)
Barberá adiántalle a La Razón que se dá de baixa no PP, pero segue no Senado. A ex-alcaldesa de Valencia vai ser investigada -antiga imputación- por presunto branqueamento de capitais.
Entra en vigor a ordenanza de uso do galego na Deputación de Lugo, a primeira das institucións provinciais galegas en contar con esta regulamentación. A normativa, que fixa a lingua galega como a oficial para as comunicacións cotiás da entidade, foi aprobada o pasado xuño co voto a prol de todos os deputados agás o non adscrito Manuel Martínez.
Arquivada definitivamente a causa por enaltecemento do terrorismo contra os monicrequeiros de Madrid. Cóntao eldiario.es
VÍDEO O galego, un dos case 20 idiomas empregados polo Concello de Londres na súa campaña para atraer investimentos e visitantes, London is open que enxalza o caracter "aberto" da capital británica por iniciativa do seu acalde, Sadiq Khan. Unha moza emprega a lingua galega no segundo 25 do anuncio.
Este martes botou a andar o programa Coruña Dixital, que busca facilitar a conexión entre persoas interesadas na cultura dixital, o uso creativo da tecnoloxía e o emprendemento sustentable de proxectos innovadores,
Unha campaña online recolle sinaturas para protexer o Parque do Pasatempo, en Betanzos. O Concello solicitou ante a Xunta, sen éxito, a declaración BIC para este singural espazo.
Investidores chineses e norteamericanos, interesados en facerse co paquete accionarial maioritario do Celta, en mans de Carlos Mouriño
O PP presiona a Rita Barberá, investigada por blanqueo, para que renuncie á súa acta como senadora. A ex alcaldesa de Valencia estase a converter nun novo lastre para os populares e un obstáculo ás posibilidades de Rajoy de ser investido
Rajoy vólcase na campaña galega buscando unha vitoria que lle devolva a iniciativa política en outubro. Estará catro días consecutivos pedindo o voto en Galicia. Ao igual que fixo en 2009, céntrase nas localidades pequenas
De Gundos entrou en contradicións ao tentar xustificar o nomeamento de Soria. O ministro di que non fixo os nomeamentos "técnicos" en tempo e forma por "prudencia" política e afirma que a convocatoria é pública pero o Ministerio non a publicita