Este tarde presentarase en Compostela o manifesto Chamamento polo Galego, asinado por 200 representantes de distintos ámbitos sociais, e que insta a Xunta á non presentación de recurso de casación perante o Tribunal Supremo contra a sentenza do TSXG verbo do Decreto do plurilingüismo. Será na Galeria Sargadelos ás 18 horas
Fálase
Manifestantes do naval queiman nas inmediacións do Parlamento unha reprodución simbólica dun dos floteis de Pemex
O sector eólico galego perderá o 40% dos seus ingresos despois dos últimos recortes do Ministerio de Industria. De igual xeito, está paralizado o proxecto de Estela Eólica, que afirma que a Xunta non contestou ás súas alegacións despois de que o Goberno galego lle abrise expediente en setembro por non comezar o proxecto previsto.
- O persoal do naval concéntrase ante o nutrido cordón de antidisturbios que blinda o Parlamento
- O Parlamento está esta mañá blindado por unidades de antidisturbios. Este mediodía celébrase en Compostela unha manifestación a prol do sector naval
Un artigo en economiadigital.es dá conta dos "últimos refuxios" de José Luis Méndez, que se mantén no consello de administración de Reganosa e no padroado da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre
La Razón foi o único xornal impreso que en xaneiro informou de máis casos de corrupción de outros partidos que do PP
A peaxe da AP9 entre Pontevedra e Vigo é de balde dende esta medianoite, baixo certas circunstancias: que se realice un percorrido de ida e volta, que sexa un día laborable e que o vehículo teña un dispositivo de telepeaxe
Os traballadores de Navantia en Fene e Ferrol manifestaranse este mércores en Compostela para pedir carga de traballo. A marcha partirá da Alameda ás 10.30 e rematará diante do Parlamento.
A admisión a trámite da ILP sobre a dación en pago domina a portada de El Periódico este mércores