Portugal segue a despedir a Mário Soares. Millares de persoas pasaron neste domingo pola sede socialista en Lisboa nun país que afronta tres días de loito.
Fálase
O mundo da cultura, familiares e amigos homenaxean a Díaz Pardo no quinto aniversario do seu pasamento.
Martiño Noriega cre que Luís Villares "gañouse unha oportunidade para ser o actor principal de En Marea". O alcalde de Compostela censura o debate de Podemos porque "ás veces" di ver "pouca política e moita escenificación".
O BNG, disposto a "ser a organización unitaria do nacionalismo" nunha nova etapa que xirará arredor de Ana Pontón. A formación non abordará un cambio de siglas, segundo o documento coas conclusións do Proceso Adiante.
Catro soldados israelíes mortos nun atropelo cun camión en Xerusalén. O autor foi abatido a tiros nunha acción que Israel cualifica de "ataque terrorista".
Abel Caballero di que Vigo "o vai petar" en 2017 mentres "outras cidades están paralizadas". "Encheremos Vigo de obras, de política social, deporte, avións e con débeda cero", asegura nunha entrevista no Faro de Vigo.
A Xunta, obrigada a pagar centos de miles de euros a familiares de dependentes falecidos. Decenas de sentenzas instan a Xunta a abonar a familia os cartos que a persoa non chegou a cobrar en vida.
ÚLTIMA HORA | Falece o ex-presidente portugués Mário Soares. Tiña 92 anos.
O BNG homenaxea en Rianxo a Castelao. Ana Pontón asegura no acto que "a defensa do nacionalismo é unha necesidade imperiosa para Galiza".
A colombiana detida en Ourense por terrorismo era vítima dunha denuncia falsa. Quedou en liberdade tras confirmar a Fiscalía do país suramericano que fora vítima dunha extorsión.