ÚLTIMA HORA | Falece o ex-presidente portugués Mário Soares. Tiña 92 anos.
Fálase
O BNG homenaxea en Rianxo a Castelao. Ana Pontón asegura no acto que "a defensa do nacionalismo é unha necesidade imperiosa para Galiza".
A colombiana detida en Ourense por terrorismo era vítima dunha denuncia falsa. Quedou en liberdade tras confirmar a Fiscalía do país suramericano que fora vítima dunha extorsión.
O Concello da Coruña condena a agresión homófoba rexistrada en fin de ano na cidade e chama a cidadanía a implicarse contra este tipo de violencias. A Concellería de Igualdade e Diversidade pon a disposición da vítima os recursos públicos dos que dispón e lembra que a Policía Local “está preparada e concienciada para recoller este tipo de denuncias, e así poder sumar ao delito de agresión a agravante por delito de odio”.
Felipe VI evita mencionar as vítimas do Yak-42 durante o seu discurso con motivo da Pascua Militar. O monarca lembrou de forma xenérica a quen morreron "en operacións fóra das nosas fronteiras", pero non fixo referencias aos 62 militares falecidos en Turquía en 2003, a pesar de que esta semana un informe do Consello de Estado responsabilizou o Estado dos erros na identificación dos corpos
O 2016 foi o ano máis cálido dende que hai medicións por satélite (1978), superando a 1998, sobre todo debido ao grande incremento de temperaturas rexistrado no hemisferio norte
Abel Caballero responde ao anuncio de que a Xunta recorrerá xudicialmente a constitución da Área Metropolitana de Vigo: "Verémonos nos tribunais, onde perderán, porque nos asiste a razón". O alcalde denuncia que "a Xunta actúa contra Vigo usando o PP"
O cemiterio compostelán de Boisaca acollerá este domingo ás 12.30 unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo coincidindo co quinto cabodano do seu falecemento. Varias alocucións, un recital poético e a música de Mini e Mero precederán á unha solta de pombas e ofrenda de mazás.
A Xunta interporá un recurso nos xulgados contra a constitución da Área Metropolitana de Vigo. Baséase no incumprimento do convenio de incorporación do bus urbano no plan metropolitano do transporte, argumenta que xa empregara o PP para intentar paralizar a formalización do ente.
O Consello da Avogacía Galega denuncia a xuíza Pilar de Lara ante a Fiscalía do Estado por vulneración do segredo profesional. Cóntao El Progreso