Felipe VI evita mencionar as vítimas do Yak-42 durante o seu discurso con motivo da Pascua Militar. O monarca lembrou de forma xenérica a quen morreron "en operacións fóra das nosas fronteiras", pero non fixo referencias aos 62 militares falecidos en Turquía en 2003, a pesar de que esta semana un informe do Consello de Estado responsabilizou o Estado dos erros na identificación dos corpos
Fálase
O 2016 foi o ano máis cálido dende que hai medicións por satélite (1978), superando a 1998, sobre todo debido ao grande incremento de temperaturas rexistrado no hemisferio norte
Abel Caballero responde ao anuncio de que a Xunta recorrerá xudicialmente a constitución da Área Metropolitana de Vigo: "Verémonos nos tribunais, onde perderán, porque nos asiste a razón". O alcalde denuncia que "a Xunta actúa contra Vigo usando o PP"
O cemiterio compostelán de Boisaca acollerá este domingo ás 12.30 unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo coincidindo co quinto cabodano do seu falecemento. Varias alocucións, un recital poético e a música de Mini e Mero precederán á unha solta de pombas e ofrenda de mazás.
A Xunta interporá un recurso nos xulgados contra a constitución da Área Metropolitana de Vigo. Baséase no incumprimento do convenio de incorporación do bus urbano no plan metropolitano do transporte, argumenta que xa empregara o PP para intentar paralizar a formalización do ente.
O Consello da Avogacía Galega denuncia a xuíza Pilar de Lara ante a Fiscalía do Estado por vulneración do segredo profesional. Cóntao El Progreso
Detidos dous homes en Vigo e Santiago por incumpriren as ordes de afastamento das súas ex-parellas. A Policía Autonómica púxoos a disposición xudicial e deu conta á Fiscalía, segundo informa nun comunicado.
Os concellos ultiman as cabalgatas de reis desta tarde. Consulta nestas ligazóns os percorridos que realizarán nas sete cidades, con estas horas e puntos de inicio
Trillo pedirá ingresar no Consello do Estado, órgano que o responsabiliza do accidente do Yak-42 durante a súa etapa como ministro de Defensa. Acábao de anunciar na Cadena COPE, onde se queixou das críticas dos familiares das vítimas.
Os concellos limitarán a altura dos cerrumes das fincas e regularán o material da construción. Os concellos regularán nos seus plans municipais as características dos peches para que se adapten á contorna.