Trillo pedirá ingresar no Consello do Estado, órgano que o responsabiliza do accidente do Yak-42 durante a súa etapa como ministro de Defensa. Acábao de anunciar na Cadena COPE, onde se queixou das críticas dos familiares das vítimas.
Fálase
Os concellos limitarán a altura dos cerrumes das fincas e regularán o material da construción. Os concellos regularán nos seus plans municipais as características dos peches para que se adapten á contorna.
O comité de empresa de Elnosa, empresa química ligada a ENCE, maniféstase contra o BNG ante a súa sede para esixir a continuidade da factoría á beira da ría de Pontevedra. A Xunta prorrogou a autorización ambiental da compañía durante a campaña electoral galega para evitar ter que activar o trámite de fin da súa actividade. (imaxe: BNG)
Persoal de varios hospitais galegos, como o Montecelo de Pontevedra ou o de Ourense, denuncia o "colapso" dos seus servizos de urxencias por mor do pico da gripe.
O goberno de Lalín promove declarar "persoa non grata" a Federico Trillo tras o ditame do Consello de Estado que responsabiliza a Defensa do accidente do avión Yak-42. Un dos 62 militares falecidos no sinistro, lembra, era Vicente Agulló, veciño de Lalín. A proposta debaterase no pleno municipal a través dunha moción.
O paro rexistrado sobe en Galicia en 2.360 persoas en decembro e as afiliacións á Seguridade Social descenden en 4.800, fronte á importante baixada do desemprego da historia que se dá no Estado, onde cae en case 87.000 persoas en decembro e onde o número de cotizantes sobe en 68.000. Máis información, esta mañá en Praza.
Navantia asina con Iberdrola os contratos para a construción de 42 jackets do parque eólico mariño no Reino Unido.
A UDEF acusa altos cargos do PP de presionar en Moncloa en favor de Pujol. Terían feito xestións en 2001 para que organismos públicos financiasen proxectos amañados en África da familia do ex-president.
Os concellos galegos ultiman as cabalgatas de reis deste xoves. Hoxe presentouse a de Vigo, desta volta inspirada no "mundo xurásico" e composta por 14 carrozas, e en Valença do Minho avanzáronse detalles da cabalgata da eurocidade, que percorrerá as principais rúas da vila portuguesa e mais de Tui.
O ex-alcalde do Grove Alfredo Bea denuncia o xornalista Nacho Carretero polo seu libro 'Fariña', sobre o narcotráfico galego. A axencia Europa Press detalla na súa web que o antigo rexedor esixe unha rectificación e indemnización pola mención á súa condena que finalmente acabou en absolución. Bea Gondar foi alcalde entre 1983 e 1991.