A UDEF acusa altos cargos do PP de presionar en Moncloa en favor de Pujol. Terían feito xestións en 2001 para que organismos públicos financiasen proxectos amañados en África da familia do ex-president.
Fálase
Os concellos galegos ultiman as cabalgatas de reis deste xoves. Hoxe presentouse a de Vigo, desta volta inspirada no "mundo xurásico" e composta por 14 carrozas, e en Valença do Minho avanzáronse detalles da cabalgata da eurocidade, que percorrerá as principais rúas da vila portuguesa e mais de Tui.
O ex-alcalde do Grove Alfredo Bea denuncia o xornalista Nacho Carretero polo seu libro 'Fariña', sobre o narcotráfico galego. A axencia Europa Press detalla na súa web que o antigo rexedor esixe unha rectificación e indemnización pola mención á súa condena que finalmente acabou en absolución. Bea Gondar foi alcalde entre 1983 e 1991.
O Sergas lanza unha aplicación móbil para que os pacientes poidan "orientarse" dentro dos hospitais de Vigo e Lugo, nos que se rexistraron múltiples queixas pola dificultade para atopar os diferentes servizos. A app chámase SIGUE e a Xunta ofrece a súa descarga en castelán na Play Store de Google e mais na App Store de Apple.
Aumenta o malestar no Goberno de Portugal pola decisión española de construír un almacén nuclear a apenas 100 quilómetros da fronteira, en Almaraz (Cáceres). O ministro portugués do Ambiente non acudirá á xuntanza prevista co gabinete de Rajoy para o día 12 se esa construción é confirmada, advirte. Recólleo Público
Acusan La Voz de Galicia de publicar unha nova falsa, a partir dunha fotografía dun lobo devorando un cabalo supostamente tirada por un gandeiro de Abadín. A imaxe pode verse en publicacións do ano 2010 e foi tomada en Asturias. A noticia xa foi retirada da edición dixital do xornal
A Xustiza declara “ilegal” o apoio do Concello de Santiago ao boicot a Israel, campaña que fora promovida polo BDS (Boicot, Desinvestimentos e Sancións). Así o informa a AGAI.
Un maxistrado do Supremo pon en dúbida que o machismo estea detrás da violencia de xénero. Antonio Salas cre que é un problema de "maldade das persoas".
Un home destroza a casa da súa ex-parella en Pontevedra e tenta agredila. Foi detido tras unha alerta dos veciños do edificio. Cóntao Pontevedra Viva
VÍDEO | A FGF resume o máis destacado do Galicia-Catalunya de fútbol do pasado día 22. O encontro supuxo o retorno da selección feminina tras oitos de ausencia