Gallardón intercedeu por empresarios e executivos en Caja Madrid tras apoiar a continuidade de Miguel Blesa. Desbloqueou millóns de euros a favor de amigos malia a opinión contraria de expertos.
Fálase
Grupos ultracatólicos e expertos antiabortistas asesoran ao Goberno na nova lei. As asociacións en defensa das mulleres foron incluídos na listaxe de consultados malia que case non recibiron información.
Fútbol. Resultados da Terceira galega:
Fabril 1 - 1 Racing Vilalbés
Laracha 2 - 1 Cerceda
Betanzos 2 - 1 Arousa
Ordes 0 - 0 Boiro
Pontevedra 3 - 1 Dorneda
Barbadás 2 - 1 Choco
As Pontes 3 - 1 Bertamiráns
Alondras 1 - 1 Cultural Areas
Rápido de Bouzas 2 - 1 Grixoa
Negreira 0 - 2 SomozasResultados da Segunda B. O Celta B caeu na casa ante o Tropezón (0-1), o Racing de Ferrol gañou na casa (4-2 ao Noja), o Coruxo perdeu en Santander (3-1), o Ourense empatou sen goles ante a SD Logroñés, e o Compostela venceu en Santiago (2-0) ao UD Logroñés.
Francia amosa o seu rexeitamento á reforma do aborto de Gallardón. A ministra de Dereitos das mulleres cre que é un "retroceso" e xa enviou unha carta ao Executivo para lle amosar a súa preocupación.
O BNG da Coruña lanza un vídeo contra a reforma da lei do aborto do Goberno central. Entre as participantes, atópanse varias concelleiras da comarca ou a actriz Isabel Risco. Compromiso por Galicia pide a "insubmisión social" ante a reforma da norma.
O fiscal acusará a Urdangarin de delitos penados con 23 anos de cadea. Non lle imputará branqueo, o que beneficiará a infanta Cristina.
O FBI espiou a Castelao en Suramérica. Os Estados Unidos investigaron o intento de refrotar Galeusca, segundo revelan documentos da axencia.
Empate entre partidarios e contrarios á independencia de Cataluña, segundo unha enquisa de La Vanguardia. Os votos favorables e os negativos sumarían ambos o 45%. Máis do 56% quere que o país sexa un Estado, nun inquérito que outorga un empate entre ERC e CiU se hoxe houbese eleccións.
O Obradoiro vence na casa ao Unicaja (79-61) nunha excelente actuación de Alberto Corbacho, que anotou seis triplas.