Francia amosa o seu rexeitamento á reforma do aborto de Gallardón. A ministra de Dereitos das mulleres cre que é un "retroceso" e xa enviou unha carta ao Executivo para lle amosar a súa preocupación.
Fálase
O BNG da Coruña lanza un vídeo contra a reforma da lei do aborto do Goberno central. Entre as participantes, atópanse varias concelleiras da comarca ou a actriz Isabel Risco. Compromiso por Galicia pide a "insubmisión social" ante a reforma da norma.
O fiscal acusará a Urdangarin de delitos penados con 23 anos de cadea. Non lle imputará branqueo, o que beneficiará a infanta Cristina.
O FBI espiou a Castelao en Suramérica. Os Estados Unidos investigaron o intento de refrotar Galeusca, segundo revelan documentos da axencia.
Empate entre partidarios e contrarios á independencia de Cataluña, segundo unha enquisa de La Vanguardia. Os votos favorables e os negativos sumarían ambos o 45%. Máis do 56% quere que o país sexa un Estado, nun inquérito que outorga un empate entre ERC e CiU se hoxe houbese eleccións.
O Obradoiro vence na casa ao Unicaja (79-61) nunha excelente actuación de Alberto Corbacho, que anotou seis triplas.
'Liberan' na porta da Secretaría Xeral de Emigración o rei Baltasar que desaparecera do 'belén' da compostelá praza do Obradoiro . A figura apareceu xunto a unha pancarta contra as coitelas do valado de Melilla, colocadas polo Goberno central para tentar evitar a chegada de persoas migrantes.
O Deportivo empata na casa ante o Numancia nun intenso partido. Luis Fernández empatou no último minuto un encontro no que os galegos remontaran o tanto inicial dos sorianos con goles de Juan Domínguez e Borja. O Lugo caeu na casa ante o Hércules (1-3) e non é quen de superar a súa mala xeira.
Un senador celebra a reforma da lei porque o aborto "é unha forma de violencia de xénero". O voceiro de Educación no Senado defende o anteproxecto de lei presentado polo Goberno.
Dimiten catro membros da Comisión Permanente de Anova, segundo anuncia Antón López Dobao na súa conta de Twitter. El mesmo, xunto a Mar Blanco, Xiana López e Xurxo Martínez decidiron abandonar a dirección da formación un día despois de que Martiño Noriega abandonase o posto de coordinador nacional.