Arraianos, o filme de Eloy Enciso, seleccionado para o prestixioso festival de cinema de Locarno, que se celebrará a comezos de agosto.
Fálase
A manifestación dos mineiros xa está na Castellana, camiño ao Ministerio de Industria, onde finalizará dentro dunha hora.
Cayo Lara (IU) esixe a fin da SICAV, a creación de impostos ás grandes fortunas, a persecución da fraude fiscal e impostos medioambientais, como alternativas para incrementar os ingresos. Lara afirma que Rajoy "está botándolles gasolina ás rúas" coas medidas anunciadas hoxe.
O sindicato CSIF anuncia mobilizacións de traballadores do sector público en xullo e agosto, e esta semana valorará a convocatoria dunha folga para o mes de setembro.
Primeiras reaccións aos recortes anunciados por Rajoy. Nun discurso gris, Rubalcaba critica as medidas, culpa da situación á "nefasta xestión de Bankia" e propón un imposto para as grandes fortunas. Outros deputados, como Eduardo Madina, falan en twitter: "A dereita española aplaude, posta en pé, o meirande ataque directo á calidade de vida dos españois da historia da democracia".
En canto ás axudas sociais, Rajoy anuncia que "se revisarán os baremos de dependencia" e tamén se procederá "unha revisión ás prestacións de desemprego", nas que o presidente do Goberno asegura que "se manterá o importe actual durante os primeiros seis meses" pero a partir de aí reducirase do 60% ao 50% da base reguladora. O Goberno tamén quere "acelerar a revisión da xubilación anticipada, que tratará ante o Pacto de Toledo.
O IVE increméntase en tres puntos, do 18% ao 21%, mentres que o tipo reducido se incrementará do 8 ao 10, e só o superreducido se mantén no 4%. Rajoy incumpre, pois, a súa palabra, pois prometera que non o ía modificar. Ademais, increméntanse os impostos medioambientais, o imposto sobre o tabaco e desaparice a deducción pola adquisición de vivendas
Rajoy anuncia un recorte do 30% nas achegas a partidos políticos e sindicatos, que se unirá ao 20% que xa se aprobou para este ano
Rajoy anuncia que se elimina a segunda paga extraordinaria para os funcionarios, a de nadal. Rajoy afirma que este recorte se compensará a partir de 2015 con achegas aos plans de pensións. Ademais, reduciranse os días de libre disposición para os traballadores do sector público e reducirase o número de liberados sindicais. O seu discurso comeza a ser interrumpido de forma continua polos deputados da oposición.
Rajoy fala tamén de "despilfarro" nas comunidades autónomas, aínda que non anuncia medidas concretas. Di que o consello de política fiscal de mañá fixará o obxetivo do déficit, revisará os plans presentados e "en virtude do grao de aplicación se adoptarán as medidas".