Rajoy anuncia que se elimina a segunda paga extraordinaria para os funcionarios, a de nadal. Rajoy afirma que este recorte se compensará a partir de 2015 con achegas aos plans de pensións. Ademais, reduciranse os días de libre disposición para os traballadores do sector público e reducirase o número de liberados sindicais. O seu discurso comeza a ser interrumpido de forma continua polos deputados da oposición.
Fálase
Rajoy fala tamén de "despilfarro" nas comunidades autónomas, aínda que non anuncia medidas concretas. Di que o consello de política fiscal de mañá fixará o obxetivo do déficit, revisará os plans presentados e "en virtude do grao de aplicación se adoptarán as medidas".
Rajoy anuncia as medidas que adoptará o Goberno. Comeza polas reformas nas administracións públicas, retirándolles competencias aos concellos pequenos e reforzando as deputacións provinciais, cunha meirande fiscalización das contas, como xa propuxo a FEMP e contou Praza. Ademais, reducirase nun 30% o número de concelleiros e suprimiránse "drasticamente" as empresas públicas de ámbito local.
Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, e o alcalde do Concello manifestaron o seu malestar pola actitude da Consellería de Cultura, que aínda non confirmou a subvención de 50 mil euros para o festival deste ano, que comezará a vindeira semana.
Os afectados polas preferentes temen a perda definitiva dos seus aforros, despois do anuncio das condicións impostas por Bruxelas para o rescate bancario, e polas que as entidades non poderán, en principio, ofrecer por estes produtos máis dun 10% por riba do seu valor actual (que nalgúns casos é pouco máis de cero)
El Periodico destaca na súa portada o titular In-ter-ve-ni-dos, "a palabra que Rajoy se resiste a pronunciar"
Mariano Rajoy comparece no Congreso a partir das nove da mañá na sesión de control, na que se verá obrigado a explicar as novas medidas de axuste que o Goberno vai adoptar: suba do IVE, a supresión da desgravación por vivenda, a supresión de concellos ou as medidas que afectan aos traballadores do sector público.
Os mineiros foron recibidos por milleiros de persoas na Porta do Sol, onde chegaron pouco despois da unha da madrugada
#nocheminera Milleiros de persoas apoian en Madrid as protestas mineiras, que rematarán de madrugada e continuarán mañá cunha manifestación (foto: @jaumecollboni)
Continúa a marcha dos mineiros polas rúas de Madrid. A través de internet estase a seguir a través dalgúns servizos de streaming e co hashtag #nocheminera en Twitter.