Os mineiros foron recibidos por milleiros de persoas na Porta do Sol, onde chegaron pouco despois da unha da madrugada

Os mineiros foron recibidos por milleiros de persoas na Porta do Sol, onde chegaron pouco despois da unha da madrugada
#nocheminera Milleiros de persoas apoian en Madrid as protestas mineiras, que rematarán de madrugada e continuarán mañá cunha manifestación (foto: @jaumecollboni)
Continúa a marcha dos mineiros polas rúas de Madrid. A través de internet estase a seguir a través dalgúns servizos de streaming e co hashtag #nocheminera en Twitter.
Ao acto asistiron os secretarios xerais de CCOO e UGT, así coma Tomás Gómez. Os mineiros recibiron o apoio dos bombeiros, tamén en folga, e dos mestres da #marchaverde
Milleiros de persoas na cidade universitaria de Madrid para recibir a marcha mineira, convertida nun símbolo. Os mineiros durmirán en instalacións da Universidade, xa que o concello se negou a ceder calquera espazo. O hashtag #marchaminera é TT
A marcha mineira está entrando en Madrid pola A6, que está cortada. Diríxense á Porta do Sol despois de pasar por diante do Palacio da Moncloa, onde apuparon a Rajoy.
O Tribunal Constitucional exipcio anula a reactivación do Parlamento (con maioría islamita) decidida polo presidente Mohammed Mursi, despois de que a cámara fose anulada polo poder militar
O memorando do rescate español sintetiza en 20 páxinas as condicións que o Estado terá que cumprir para acceder á asistencia europea. Entre outras, figura a obriga de crear unha institución independente para supervisar a política fiscal e a transmisión da supervisión bancaria dende o Ministerio de Economía ao Banco de España. Podedes consultar o seu contido íntegro nesta ligazón.
El Blog Salmón analiza as condicións impostas a España pola intervención financeira da UE e céntrase nas participacións preferentes, polas que Bruxelas impide que os bancos ofrezan máis do 10% dos seu valor actual, que na actualidade é moi reducido. Iso significa que os 700 mil afectados pola estafa poderían perder todos os seus cartos retidos.
O Ministerio de Facienda convocou os sindicatos este mércores ás cinco da tarde, para explicarlles as novas medidas do Goberno para os empregados públicos, entre as que está a ampliación da xornada laboral e a posible eliminación dalgunha paga extra, o equivalente a unha rebaixa do 10% do soldo.