Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, e o alcalde do Concello manifestaron o seu malestar pola actitude da Consellería de Cultura, que aínda non confirmou a subvención de 50 mil euros para o festival deste ano, que comezará a vindeira semana.
Fálase
Os afectados polas preferentes temen a perda definitiva dos seus aforros, despois do anuncio das condicións impostas por Bruxelas para o rescate bancario, e polas que as entidades non poderán, en principio, ofrecer por estes produtos máis dun 10% por riba do seu valor actual (que nalgúns casos é pouco máis de cero)
El Periodico destaca na súa portada o titular In-ter-ve-ni-dos, "a palabra que Rajoy se resiste a pronunciar"
Mariano Rajoy comparece no Congreso a partir das nove da mañá na sesión de control, na que se verá obrigado a explicar as novas medidas de axuste que o Goberno vai adoptar: suba do IVE, a supresión da desgravación por vivenda, a supresión de concellos ou as medidas que afectan aos traballadores do sector público.
Os mineiros foron recibidos por milleiros de persoas na Porta do Sol, onde chegaron pouco despois da unha da madrugada
#nocheminera Milleiros de persoas apoian en Madrid as protestas mineiras, que rematarán de madrugada e continuarán mañá cunha manifestación (foto: @jaumecollboni)
Continúa a marcha dos mineiros polas rúas de Madrid. A través de internet estase a seguir a través dalgúns servizos de streaming e co hashtag #nocheminera en Twitter.
Ao acto asistiron os secretarios xerais de CCOO e UGT, así coma Tomás Gómez. Os mineiros recibiron o apoio dos bombeiros, tamén en folga, e dos mestres da #marchaverde
Milleiros de persoas na cidade universitaria de Madrid para recibir a marcha mineira, convertida nun símbolo. Os mineiros durmirán en instalacións da Universidade, xa que o concello se negou a ceder calquera espazo. O hashtag #marchaminera é TT
A marcha mineira está entrando en Madrid pola A6, que está cortada. Diríxense á Porta do Sol despois de pasar por diante do Palacio da Moncloa, onde apuparon a Rajoy.