Mariano Rajoy comparece no Congreso a partir das nove da mañá na sesión de control, na que se verá obrigado a explicar as novas medidas de axuste que o Goberno vai adoptar: suba do IVE, a supresión da desgravación por vivenda, a supresión de concellos ou as medidas que afectan aos traballadores do sector público.
Fálase
Os mineiros foron recibidos por milleiros de persoas na Porta do Sol, onde chegaron pouco despois da unha da madrugada
#nocheminera Milleiros de persoas apoian en Madrid as protestas mineiras, que rematarán de madrugada e continuarán mañá cunha manifestación (foto: @jaumecollboni)
Continúa a marcha dos mineiros polas rúas de Madrid. A través de internet estase a seguir a través dalgúns servizos de streaming e co hashtag #nocheminera en Twitter.
Ao acto asistiron os secretarios xerais de CCOO e UGT, así coma Tomás Gómez. Os mineiros recibiron o apoio dos bombeiros, tamén en folga, e dos mestres da #marchaverde
Milleiros de persoas na cidade universitaria de Madrid para recibir a marcha mineira, convertida nun símbolo. Os mineiros durmirán en instalacións da Universidade, xa que o concello se negou a ceder calquera espazo. O hashtag #marchaminera é TT
A marcha mineira está entrando en Madrid pola A6, que está cortada. Diríxense á Porta do Sol despois de pasar por diante do Palacio da Moncloa, onde apuparon a Rajoy.
O Tribunal Constitucional exipcio anula a reactivación do Parlamento (con maioría islamita) decidida polo presidente Mohammed Mursi, despois de que a cámara fose anulada polo poder militar
O memorando do rescate español sintetiza en 20 páxinas as condicións que o Estado terá que cumprir para acceder á asistencia europea. Entre outras, figura a obriga de crear unha institución independente para supervisar a política fiscal e a transmisión da supervisión bancaria dende o Ministerio de Economía ao Banco de España. Podedes consultar o seu contido íntegro nesta ligazón.
El Blog Salmón analiza as condicións impostas a España pola intervención financeira da UE e céntrase nas participacións preferentes, polas que Bruxelas impide que os bancos ofrezan máis do 10% dos seu valor actual, que na actualidade é moi reducido. Iso significa que os 700 mil afectados pola estafa poderían perder todos os seus cartos retidos.