A infanta Cristina, imputada no caso Nóos por branqueo de capitais e fraude fiscal. Declarará o vindeiro 8 de marzo.
Fálase
A xornalista Montse Dopico vén de renovar o seu blog, no que a tamén colaboradora de Praza Pública recompila o seu traballo no ámbito do xornalismo e a análise cultural.
O plan para descontaminar ríos no Courel queda en limpar pólas de árbores, segundo informa El País
O actor Luís Tosar pide perdón pola súa participación nun videoclip do grupo Los Tres no que se degrada a imaxe da muller e se frivoliza coa violencia machista. Tosar sinala nun comunicado que "non fun moi consciente do que estábamos rodando" o que, di, "fai o incidente aínda máis grave, coñecendo a miña traxectoria" e pertencendo ao colectivo Implicadas no Desenvolvemento. Neste sentido, o actor galego anuncia que non participará na gala Implícate, cuxa novena edición se presenta mañá.
O Celta cae goleado no Bernabéu (3-0) nun partido no que mereceu máis e no que errou varias ocasións claras. A contundencia do Real Madrid abondou para deixar o equipo vigués en postos de descenso.
Tres persoas desaparecidas por un golpe de mar no faro de Meirás. Foron arrastradas pola forza das ondas en Valdoviño, segundo confirma Protección Civil.
O Consultivo terá seis meses para redactar unha lei ou reforma estatutaria que lle pida a Xunta se o Goberno non fixa outro prazo. Así di a proposta de reforma presentada polo PP, segundo conta Europa Press.
O temporal derruba o muro frontal do santuario da Virxe da Barca, en Muxía, que sufrira un grave incendio no día de Nadal. As ondas superan os once metros nalgúns puntos da costa galega. Imaxe de @marytrillog.
O premio Gordo do sorteo do Neno (76254) cae integramente en Monforte de Lemos.
O xuíz Pedraz responde en Twitter ás críticas por non prohibir o acto dos ex presos de ETA. Lembra ao PP que impedir a rolda de prensa sería prevaricar e recórdalle que o partido non se personou como parte na causa.