A piques de comezar o mitin de En Marea na Coruña, no que participarán Errejón, Oltra ou Garzón, ademais dos candidatos e candidatas galegas. Pódese seguir en streaming aquí. Toda a información, este mediodía en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/576670b1699da-cltmh2rwiaazxk7.jpg)
A piques de comezar o mitin de En Marea na Coruña, no que participarán Errejón, Oltra ou Garzón, ademais dos candidatos e candidatas galegas. Pódese seguir en streaming aquí. Toda a información, este mediodía en Praza.
A secretaria xeral do Partido Popular, María Dolores de Cospedal, carga en Ribadeo contra Ciudadanos, un voto que -dixo- "só serve para que "goberne o PSOE con Podemos". "Ti mercas a gravata regálanche a coleta", engadiu nun acto que compartiu con Alberto Núñez Feijóo
En Marea podería quitarlle un escano ao PSOE en Pontevedra e o PP podería facer o mesmo na Coruña con Ciudadanos, segundo os datos da enquisa que este domingo publica La Voz de Galicia. En Lugo e Ourense non habería cambios, o que deixaría así o resultado en Galicia: PP (11 escanos, 39.3%), En Marea (7, 26.8%), PSdeG-PSOE (5, 19.85). La Región e Atlántico publican outra sondaxe que non prevé cambios con respecto ao resultado do 20D: PP 10, En Marea 6, PSOE 6, C's 1.
Comeza a derradeira xornada do Arde Lucus. Repasa aquí o programa e algunhas das citas máis importantes
El País (Metroscopia) e El Mundo (Sigma Dos) publican senllas enquisas de intención de voto. Metroscopia asegura que a diferenza entre PP (29%) e Unidos Podemos (26%) se reduciu a só tres puntos, deixando o PSOE en 20,5% e a C's no 14,5%. Segundo Sigma Dos, o PP obtería o 30,5% e Unidos Podemos uo24,8%, moi por diante de PSOE (20%) e C's (14,1%)
O candidato do PSdeG-PSOE á Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinalou este sábado que a posibilidade de que Feijóo substitúa a Rajoy "sería unha boa noticia para Galicia" pero "mala para España"
Médicos Sen Fronteiras renuncia aos fondos da UE e dos estados membros en protesta pola política migratoria europea. Estas axudas supoñen uns 64 millóns de euros, aínda que a ONG se financia nun 92% con achegas privadas.
Marcos Besada e Xoan Carlos Montes Bugarín, alcaldes de Salceda e Mondariz, piden o voto para En Marea. Nas eleccións municipais do pasado ano encabezaron candidaturas independentes
O BNG presentou na Coruña as súas propostas en materia de igualdade nun acto no que Ana Pontón se declarou farta dos “machos alfa da política para os que as mulleres son mero decorado de campaña”
En Marea confirma a localización e os e as participantes do mitin que organiza este domingo ás 12 na Coruña. Será nos Xardíns de Méndez Núñez e nel intervirán Íñigo Errejón, Alberto Garzón, Mónica Oltra ou Xulio Ferreiro.