Comeza a derradeira xornada do Arde Lucus. Repasa aquí o programa e algunhas das citas máis importantes
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5766469d57c3b-57640dc949061-13442410_1140353506015916_9115285390308304104_n.jpg)
Comeza a derradeira xornada do Arde Lucus. Repasa aquí o programa e algunhas das citas máis importantes
El País (Metroscopia) e El Mundo (Sigma Dos) publican senllas enquisas de intención de voto. Metroscopia asegura que a diferenza entre PP (29%) e Unidos Podemos (26%) se reduciu a só tres puntos, deixando o PSOE en 20,5% e a C's no 14,5%. Segundo Sigma Dos, o PP obtería o 30,5% e Unidos Podemos uo24,8%, moi por diante de PSOE (20%) e C's (14,1%)
O candidato do PSdeG-PSOE á Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinalou este sábado que a posibilidade de que Feijóo substitúa a Rajoy "sería unha boa noticia para Galicia" pero "mala para España"
Médicos Sen Fronteiras renuncia aos fondos da UE e dos estados membros en protesta pola política migratoria europea. Estas axudas supoñen uns 64 millóns de euros, aínda que a ONG se financia nun 92% con achegas privadas.
Marcos Besada e Xoan Carlos Montes Bugarín, alcaldes de Salceda e Mondariz, piden o voto para En Marea. Nas eleccións municipais do pasado ano encabezaron candidaturas independentes
O BNG presentou na Coruña as súas propostas en materia de igualdade nun acto no que Ana Pontón se declarou farta dos “machos alfa da política para os que as mulleres son mero decorado de campaña”
En Marea confirma a localización e os e as participantes do mitin que organiza este domingo ás 12 na Coruña. Será nos Xardíns de Méndez Núñez e nel intervirán Íñigo Errejón, Alberto Garzón, Mónica Oltra ou Xulio Ferreiro.
Preguntado por La Voz de Galicia sobre os posibles pactos tralas eleccións ao Parlamento galego, Mariano Rajoy afirma -sobre un hipotético acordo de PP e PSdeG- que "non vexo por que non sería bo para Galicia o que é bo para o resto de España". E sobre un posible pacto PP-C`s que "con vetos non se vai a ningures".
A última entrega da sondaxe de Celeste Tel para El Diario amosa un crecemento do PP (30,3%) a costa de Ciudadanos (13,4%) e unha pequena ampliación da vantaxe de Unidos Podemos (25,1%) sobre o PSOE (21,8%)
O xuíz concédelle a liberdade a Mario Conde tras depositar os 300.000 euros de fianza que lle requiriran.