Preguntado por La Voz de Galicia sobre os posibles pactos tralas eleccións ao Parlamento galego, Mariano Rajoy afirma -sobre un hipotético acordo de PP e PSdeG- que "non vexo por que non sería bo para Galicia o que é bo para o resto de España". E sobre un posible pacto PP-C`s que "con vetos non se vai a ningures".
Fálase
A última entrega da sondaxe de Celeste Tel para El Diario amosa un crecemento do PP (30,3%) a costa de Ciudadanos (13,4%) e unha pequena ampliación da vantaxe de Unidos Podemos (25,1%) sobre o PSOE (21,8%)
O xuíz concédelle a liberdade a Mario Conde tras depositar os 300.000 euros de fianza que lle requiriran.
Máis de 70.000 solicitudes de voto por correo en Galicia para as xerais. Foron 72.096 até este xoves 16, sen contar as que se admitiron o último día.
Feijóo, increpado por "engañar con el idioma" e "nombrar a un nacionalista para las cuestiones del idioma". O presidente da Xunta tivo que xustificar a súa política lingüística ante unha votante que se sente "engañada".
A Audiencia de Ourense confirma a absolución da ex-edil socialista Áurea Soto pola legalización de edificios na praza de San Antonio. A sala desestimou o recurso da Fiscalía e da acusación particular. "Non cabe falar de delito", resalta a sentenza.
Unha enquisa de MyWord para a Cadena Ser sinala que a cidadanía prefire maioritariamente un goberno Unidos Podemos-PSOE (34,4%), por riba da gran coalición (20,4%) ou dun pacto PP-C's (15,2%). O PP gañaría as eleccións (28,9%) por diante de Unidos Podemos (24,8%), PSOE (20,4%) e C's (14,4%)
Ciudadanos cita a Feijóo entre as persoas "con credibilidade" para substituír a Rajoy. Vén de afirmalo Juan Carlos Girauta en Catalunya Ràdio
En 2015 superáronse os 60 millóns de persoas desprazadas no mundo, segundo a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado. O 51% teñen menos de 18 anos.
Este xoves comezou o Arde Lucus, que ata o domingo levará a Lugo a milleiros de visitantes