Este xoves comezou o Arde Lucus, que ata o domingo levará a Lugo a milleiros de visitantes
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/57639b4c2e707-42.jpg)
Este xoves comezou o Arde Lucus, que ata o domingo levará a Lugo a milleiros de visitantes
AXENDA DE CAMPAÑA - 17 DE XUÑO
O pleno de Santiago aproba a ordenanza Compostela +, que inclúe a Renda Municipal de garantía básica cidadá. A capital galega aproba esta medida tan só uns días despois que na Coruña se aprobase a Renda Social Municipal.
Morre a deputada laborista británica Jo Cox, que foi tiroteada este mediodía preto de Leeds. A policía investiga se o atacante berrou "Britain first" (Reino Unido primeiro) antes de disparar, como asegura unha testemuña, o que relacionaría o agresor -detido- coa extrema dereita. A campaña do referendo sobre a permanencia na UE foi suspendida.
Rajoy pide unha TVE "independente" e "como a BBC" tras mudar a lei para que o seu Goberno puidese elixir a dirección da canle sen o apoio do resto de forzas. Recólleo eldiario.es
Hoxe remata o prazo para solicitar o voto por correo nas xerais. O sufraxio postal pode ser remitido ata catro días antes das eleccións. Estas son as principais datas do proceso electoral do 26X.
VÍDEO | María Reimóndez lanza Coordenadas, un vídeo-blog para "reflexionar sobre os temas que competen aos feminismos". A intención fa iniciativa, di, é "que cada unha dende a súa, sexamos capaces de traballar mellor e máis coordinadas
O COB de Ourense non dá xuntado os 2,9 millóns de euros que precisaba para xogar na ACB. A petición de axuda financeira ao Concello, rexeitada polo pleno, reabriu na cidade o debate sobre as achegas públicas aos clubs deportivos.
Pedro Sánchez ve a En Marea "plegada aos intereses de Iglesias" e augura unha vitoria do PSdeG nas galegas. Afírmao nunha entrevista en La Voz de Galicia
A Xunta paga 18.000 euros a unha fogueira de San Xoán sen autorización na Coruña. Está organizada pola asociación 'Meigas de San Juan', á que o goberno galego considera "única" organizadora das festas, organizadas polo Concello, e concede un total de 42.287 euros, 700 deles para unha "homenaxe á bandeira" de España que organiza este colectivo. La Opinión de A Coruña detalla o convenio.