O COB de Ourense non dá xuntado os 2,9 millóns de euros que precisaba para xogar na ACB. A petición de axuda financeira ao Concello, rexeitada polo pleno, reabriu na cidade o debate sobre as achegas públicas aos clubs deportivos.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5762554a34a9b-bandera.jpg)
O COB de Ourense non dá xuntado os 2,9 millóns de euros que precisaba para xogar na ACB. A petición de axuda financeira ao Concello, rexeitada polo pleno, reabriu na cidade o debate sobre as achegas públicas aos clubs deportivos.
Pedro Sánchez ve a En Marea "plegada aos intereses de Iglesias" e augura unha vitoria do PSdeG nas galegas. Afírmao nunha entrevista en La Voz de Galicia
A Xunta paga 18.000 euros a unha fogueira de San Xoán sen autorización na Coruña. Está organizada pola asociación 'Meigas de San Juan', á que o goberno galego considera "única" organizadora das festas, organizadas polo Concello, e concede un total de 42.287 euros, 700 deles para unha "homenaxe á bandeira" de España que organiza este colectivo. La Opinión de A Coruña detalla o convenio.
AXENDA DE CAMPAÑA - 16 DE XUÑO
A filla dun ministro do franquismo e deputado de AP por Pontevedra ocultou patrimonio en Suíza. Fíxoo tras o falecemento de Gonzalo Fernández de la Mora, clave na entrada en política de Mariano Rajoy como dirixente pontevedrés de Alianza Popular. É unha exclusiva de eldiario.es.
A Comisión Europea non decidirá ata despois das eleccións se fai público o informe que elaborou sobre o sistema ferroviario español, no que analiza se Fomento investigou de xeito independente ou non o accidente de Angrois. Vénllo de comunicar á voceira do BNG en Bruxelas, Ana Miranda. A Audiencia da Coruña xa dixo que esa investigación non foi independente.
En Marea propón unha reforma integral do Senado que o convirta nunha "verdadeira Cámara de representación territorial". “Competimos provincialmente, o que nós queremos é que territorialmente sexan as Nacións e os pobos do Estado os que estean representados", explicou Vanessa Angustia, senadora na pasada lexislatura e candidata por Pontevedra o 26-X.
Ana Pontón reta a Feijóo a "dar a cara" nun debate galego de cara ao 26-X. "Que deixe de esconderse detrás de Rajoy, queremos un debate galego nos medios públicos e en horario de máxima audiencia”, pide a portavoz nacional do BNG.
Leiceaga cre que en lugar de sorpasso "haberá sorpresa" polo resultado do PSOE o 26-X. O candidato socialista alerta da “trampa electoral” para “intentar tapar a alternativa de cambio profundo” das propostas socialistas “realistas, sensatas e posibles”
#DebateTVG Ás 18:15 comeza o debate a cinco da TVG, entre PP, En Marea, PSdeG, BNG e Ciudadanos. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón e o máis destacado, este serán en Praza.