AXENDA DE CAMPAÑA - 16 DE XUÑO
- PP: Rajoy celebra un acto sectorial en Santiago pola tarde e ofrece un mitin ás 20:00 no Teatro Principal de Pontevedra.
- En Marea: A coalición presenta iniciativas para o lácteo na Estrada e ás 20:00 convoca mitin no Teatro Jofre de Ferrol.
- PSdeG: Pedro Sánchez presenta propostas para o sector primario en Pontevedra e dá un mitin en Vigo ás 18:30.
- BNG: Pontón formula en Santiago o plan para a tarifa eléctrica galega e ás 20:30 participa no mitin central na cidade.
- Ciudadanos: O candidato pola Coruña, José Canedo, visita a praza de Abastos de Santiago ás 11:00.