O curso escolar 2016-2017 comezará o 12 de setembro en Infantil e Primaria e o 15, en ESO, Bacharelato e FP. Consulta aquí o calendario escolar, publicado este mércores no DOG.
Fálase
AXENDA DE CAMPAÑA - 15 DE XUÑO
- PP: Feijóo pasea por Fene e dá un mitin no teatro Jofre de Ferrol, á tarde.
- En Marea: A coalición presenta as súas propostas para o Senado pola mañá en Santiago e celebra mitin central ás 20:30 en Ponteareas.
- PSdeG: Leiceaga fai campaña en Salceda de Caselas e visita unha explotación gandeira na Capela.
- BNG: O Bloque presenta propostas para o ensino e, pola tarde, ofrece mitin central en Ourense.
- Ciudadanos: O candidato pola Coruña visita Feiraco e reparte propaganda electoral pola tarde en Santiago.
Esta tarde a TVG ofrece, ás 18:15, o debate electoral entre PP, En Marea, PSdeG, BNG e Ciudadanos
O informe Bandeiras Negras 2016 de Ecologistas en Acción sinala seis espazos da costa galega especialmente degradados: a Ría de Ferrol, a Ría de Pontevedra, as proximidades da planta de Alcoa en San Cibrao, o Porto Exterior da Coruña, a praia do Salgueirón (Cangas) e o urbanismo na Mariña lucense.
Centos de miles de persoas manifestáronse onte en Francia en contra da reforma laboral do Goberno socialista, na maior mobilización dende que se iniciou este conflito
Este mércores están convocadas manifestacións ante as embaixadas de Honduras en todo o mundo para pedir que se faga xustiza no asasinato da activista Berta Cáceres.
Unidos Podemos reduce a súa distancia co PP e segue ampliando a súa marxe en relación co PSOE, segundo a nova entrega da sondaxe de Celeste-Tel que publica eldiario.es. UP e socialistas acadarían ao redor de 170 escanos, preto da maioría absoluta.
O Tribunal Supremo confirma a nulidade da autorización administrativa previa de Reganosa, desestimando un recurso presentado pola empresa, que alegaba un erro formal na sentenza ditada hai dous meses. O novo ditame recoñece o erro, pero subliña que non afecta á decisión adoptada.
O TSXG desestima o incidente de inexecución do Concello da Coruña sobre o Conde de Fenosa e ratifica a resolución do Supremo que ordenaba devolver o edificio ao seu estado orixinal. Máis información, hoxe en Praza.
Mario Conde poderá saír en liberdade baixo fianza de 300.000 euros, segundo adianta a Cadena SER. Conde foi detido o pasado abril pola presunta repatriación dende Suíza de cartos roubados en Banesto.
Homenaxean en Santiago ao 'vello dos contos', Xosé Mosquera, o intelectual galeguista e académico que nos anos da II República contaba historias en Radio Galicia e, ao tempo, realizaba intervención a prol do Estatuto.