Centos de miles de persoas manifestáronse onte en Francia en contra da reforma laboral do Goberno socialista, na maior mobilización dende que se iniciou este conflito
Fálase
Este mércores están convocadas manifestacións ante as embaixadas de Honduras en todo o mundo para pedir que se faga xustiza no asasinato da activista Berta Cáceres.
Unidos Podemos reduce a súa distancia co PP e segue ampliando a súa marxe en relación co PSOE, segundo a nova entrega da sondaxe de Celeste-Tel que publica eldiario.es. UP e socialistas acadarían ao redor de 170 escanos, preto da maioría absoluta.
O Tribunal Supremo confirma a nulidade da autorización administrativa previa de Reganosa, desestimando un recurso presentado pola empresa, que alegaba un erro formal na sentenza ditada hai dous meses. O novo ditame recoñece o erro, pero subliña que non afecta á decisión adoptada.
O TSXG desestima o incidente de inexecución do Concello da Coruña sobre o Conde de Fenosa e ratifica a resolución do Supremo que ordenaba devolver o edificio ao seu estado orixinal. Máis información, hoxe en Praza.
Mario Conde poderá saír en liberdade baixo fianza de 300.000 euros, segundo adianta a Cadena SER. Conde foi detido o pasado abril pola presunta repatriación dende Suíza de cartos roubados en Banesto.
Homenaxean en Santiago ao 'vello dos contos', Xosé Mosquera, o intelectual galeguista e académico que nos anos da II República contaba historias en Radio Galicia e, ao tempo, realizaba intervención a prol do Estatuto.
AXENDA DE CAMPAÑA - 14 DE XUÑO
- PP: Feijóo fai campaña na Coruña e Vilagarcía e dá un mitin con Baltar no Carballiño ás 20:30.
- En Marea: Alexandra Fernández presenta propostas para a AP-9 en Chapela e Fernán Vello dá un mitin con Beiras en Lugo ás 20:00.
- PSdeG: Antonio Hernando protagoniza varios actos en Santiago e Ourense, Leiceaga reúnese con UGT e dá un mitin en Foz.
- BNG: Pontón presenta propostas de salvamento marítimo na Coruña e ofrece un mitin en Lugo ás 20:30.
- Ciudadanos: O partido instala ás 11:00 unha mesa informativa en Santa Minia (Brión) e outra, na Coruña.
O Foro Económico de Galicia prevé que a economía galega siga a medrar menos que a media estatal. Recólleo Faro de Vigo
Eldiario.es resume o máis destacado do debate entre Rajoy, Sánchez, Iglesias e Rivera emitido a pasada noite en televisión, no que os catro líderes reafirmaron as súas estratexias de campaña.