Mario Conde poderá saír en liberdade baixo fianza de 300.000 euros, segundo adianta a Cadena SER. Conde foi detido o pasado abril pola presunta repatriación dende Suíza de cartos roubados en Banesto.

Mario Conde poderá saír en liberdade baixo fianza de 300.000 euros, segundo adianta a Cadena SER. Conde foi detido o pasado abril pola presunta repatriación dende Suíza de cartos roubados en Banesto.
Homenaxean en Santiago ao 'vello dos contos', Xosé Mosquera, o intelectual galeguista e académico que nos anos da II República contaba historias en Radio Galicia e, ao tempo, realizaba intervención a prol do Estatuto.
AXENDA DE CAMPAÑA - 14 DE XUÑO
O Foro Económico de Galicia prevé que a economía galega siga a medrar menos que a media estatal. Recólleo Faro de Vigo
Eldiario.es resume o máis destacado do debate entre Rajoy, Sánchez, Iglesias e Rivera emitido a pasada noite en televisión, no que os catro líderes reafirmaron as súas estratexias de campaña.
O BNG denuncia a "amnesia selectiva" dos partidos estatais con Galicia cun debate-parodia. O acto, EjpañaaCuatro, celebrado en Lugo criticou os candidatos “do plasma” que "só se lembran de Galiza en campaña electoral".
En Marea presenta o seu programa económico, con medidas como unha renda mínima garantida para persoas sen ingresos e a suba do salario mínimo ata os 900 euros mensuais. O documento foi presentado polos economistas Manuel Lago e Gonzalo Rodríguez xunto á candidata Yolanda Díaz, número dous pola Coruña, e o candidato ao senado García Buitrón.
O xulgado número 3 de Lugo decreta a apertura de xuízo do caso Campeón con trece persoas acusadas pola Fiscalía e nove delas, pola Xunta. Facenda exerce a acusación contra o presunto líder da trama, o empresario Jorge Dorribo.
A suma de Unidos Podemos e PSOE estaría, por esta orde, ao bordo da maioría absoluta. Así o indica unha enquisa que publica este luns El Periódico de Catalunya
AXENDA DE CAMPAÑA - 13 DE XUÑO