O BNG denuncia a "amnesia selectiva" dos partidos estatais con Galicia cun debate-parodia. O acto, EjpañaaCuatro, celebrado en Lugo criticou os candidatos “do plasma” que "só se lembran de Galiza en campaña electoral".
Fálase
En Marea presenta o seu programa económico, con medidas como unha renda mínima garantida para persoas sen ingresos e a suba do salario mínimo ata os 900 euros mensuais. O documento foi presentado polos economistas Manuel Lago e Gonzalo Rodríguez xunto á candidata Yolanda Díaz, número dous pola Coruña, e o candidato ao senado García Buitrón.
O xulgado número 3 de Lugo decreta a apertura de xuízo do caso Campeón con trece persoas acusadas pola Fiscalía e nove delas, pola Xunta. Facenda exerce a acusación contra o presunto líder da trama, o empresario Jorge Dorribo.
A suma de Unidos Podemos e PSOE estaría, por esta orde, ao bordo da maioría absoluta. Así o indica unha enquisa que publica este luns El Periódico de Catalunya
AXENDA DE CAMPAÑA - 13 DE XUÑO
- PP: Feijóo fai campaña hoxe en Madrid, Ávila e Zamora con Cristina Cifuentes, Pablo Casado e Fernando Martínez Maíllo.
- En Marea: A coalición celebra un acto sobre economía pola mañá en Santiago e ás 20:00 ofrece un mitin en Sada.
- PSdeG: Leiceaga participa nun acto sobre os gobernos locais socialistas con Patxi López, en Lugo, e fai campaña no Barco de Valdeorras.
- BNG: A mediodía o BNG organiza unha "parodia" do debate a 4 na Praza Maior de Lugo e no serán Ana Pontón participa nun mitin en Carballo.
- Ciudadanos: O partido instalará durante a xornada mesas informativas en Santiago, Vigo e Pontevedra
O presunto autor do masacre nun club LGTB de Florida fora investigado dúas veces polo FBI
O PP volve prometer rebaixas de impostos a través de De Guindos no día previo ao debate de Rajoy con Sánchez, Iglesias e Rivera.
Javier Gómez Noya finaliza no cuarto posto das series mundiais de tríatlon, desputadas en Leeds. Vídeo da TVG.
O BNG anuncia a celebración de "EjpañaaCuatro", unha "parodia" do debate televisivo entre Rajoy, Sánchez, Iglesias e Rivera organizado para este luns. A formación convoca o acto para "denunciar que as forzas estatais só se lembran de Galiza en campaña" para este luns, ás 12 da mañá, na Praza Maior de Lugo
O PSdeG propón un "pacto de Estado" contra a violencia machista. Sinalouno a súa cabeza de lista pola Coruña, Pilar Cancela, baseándose nos datos do recente estudo do INE que indica un aumento das denuncias por estas agresións en sectores da poboación máis moza.