A suma de Unidos Podemos e PSOE estaría, por esta orde, ao bordo da maioría absoluta. Así o indica unha enquisa que publica este luns El Periódico de Catalunya

A suma de Unidos Podemos e PSOE estaría, por esta orde, ao bordo da maioría absoluta. Así o indica unha enquisa que publica este luns El Periódico de Catalunya
AXENDA DE CAMPAÑA - 13 DE XUÑO
O presunto autor do masacre nun club LGTB de Florida fora investigado dúas veces polo FBI
O PP volve prometer rebaixas de impostos a través de De Guindos no día previo ao debate de Rajoy con Sánchez, Iglesias e Rivera.
Javier Gómez Noya finaliza no cuarto posto das series mundiais de tríatlon, desputadas en Leeds. Vídeo da TVG.
O BNG anuncia a celebración de "EjpañaaCuatro", unha "parodia" do debate televisivo entre Rajoy, Sánchez, Iglesias e Rivera organizado para este luns. A formación convoca o acto para "denunciar que as forzas estatais só se lembran de Galiza en campaña" para este luns, ás 12 da mañá, na Praza Maior de Lugo
O PSdeG propón un "pacto de Estado" contra a violencia machista. Sinalouno a súa cabeza de lista pola Coruña, Pilar Cancela, baseándose nos datos do recente estudo do INE que indica un aumento das denuncias por estas agresións en sectores da poboación máis moza.
Bescansa apela aos "socialistas de corazón" para que apoien a En Marea o 26X. Afirmouno durante un mitin en Ourense xunto ao cabeza de lista da coalición, David Bruzos, e outros membros das candidaturas-
O Burela acada o subcampionato da Copa de fútbol sala feminino tras perder a final ante o Atlético de Madrid na quenda de penaltis. O equipo da Mariña vén de gañar a súa segunda Liga tras encadear 18 vitorias consecutivas.
O ataque contra un club de persoas LGTB en Orlando (EUA) suma xa 50 falecementos. Está a contalo eldiario.es