O ataque contra un club de persoas LGTB en Orlando (EUA) suma xa 50 falecementos. Está a contalo eldiario.es
Fálase
Os cabezas de lista pola Coruña ás xerais debaten este mediodía na Cadena SER. Pódese escoitar ao vivo nesta ligazón
Continúan en Francia as protestas contra a reforma laboral entre peticións de Hollande para que cesen pola Eurocopa. Crónica de The Guardian en eldiario.es
Comeza o período con máis horas de peches na autovía A-8 entre Lourenzá e Abadín por mor da néboa. Os datos ofréceos este domingo La Voz
A Xunta pechou 2015 cun 10% dos impostos pendentes de seren pagos. Cóntao Faro de Vigo
O PP inicia a campaña das xerais en cabeza e con Unidos Podemos e as confluencias a 5 puntos, segundo unha enquisa que hoxe publica La Vanguardia
O BNG fixa en Pontevedra as súas "liñas vermellas" para apoiar un eventual novo Goberno de España. “Somos os únicos que podemos condicionar o goberno sen mans atadas pola obediencia a Rajoy, Sánchez, Iglesias ou Rivera”, di Pontón. O decálogo, baseado no eido económico, pódese consultar na web electoral do Bloque.
Atopado en Santiago o corpo sen vida da muller desaparecida na cidade o pasado mércores. A Policía investiga as causas da morte, segundo indica La Voz
AXENDA DE CAMPAÑA - 11 DE XUÑO
- PP: Feijóo visita un mercado en Ames e remata o día cun mitin en Sanxenxo
- En Marea: Os seus actos centrais son hoxe en Pontevedra, coa plataforma 'Salvemos a fracha', e un mitin no serán, na Pobra do Caramiñal.
- PSdeG: Leiceaga e Cancela presentan un decálogo de medidas de impulso económico. O mitin central celébrase en Vilalba.
- BNG: Presenta un decálogo de medidas económicas en Pontevedra e celebra mitin central, á tarde, en Allariz.
TVE informou en maio sobre Venezuela máis do dobre de tempo que sobre o paro, segundo un informe do Consello de Informativos da canle pública estatal que recolle eldiario.es