O BNG fixa en Pontevedra as súas "liñas vermellas" para apoiar un eventual novo Goberno de España. “Somos os únicos que podemos condicionar o goberno sen mans atadas pola obediencia a Rajoy, Sánchez, Iglesias ou Rivera”, di Pontón. O decálogo, baseado no eido económico, pódese consultar na web electoral do Bloque.
