O CIS prognostica que o PP manterá o seus 10 escanos por Galicia, En Marea sumaría 1, ata os 7, e o PSdeG perdería un escano, ficando con 5. Ciudadanos mantería 1 escano. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
Os propietarios dun hospital concertado co Sergas legalizaron 113 millóns coa amnistía fiscal. Revélao eldiario.es dentro da exclusiva dos 'papeis de La Castellana".
Adiada a declaración de José Luis Baltar na investigación contra o seu fillo. A maxistrada accedeu ao aprazamento para tramitar as alegacións presentadas polo avogado do exlíder do PP de Ourense, a quen investiga por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias.
Poletika presentou este mércores a súa avaliación dos programas electorais das principais forzas políticas, realizado en colaboración con máis de 500 organiacións sociais e comparando os textos dos partidos coas declaracións públicas realizadas polos seus líderes e pola práctica e votacións dos últimos catro meses no Congreso.
Javier Gómez Noya, premio Princesa de Asturias dos Deportes. O triatleta galego e pentacampión do mundo, vén de ser galardoado polo seu "brillaten palmarés" e o seu "espírito de superación".
O alcalde de Arteixo anima os e as veciñas a empregar o vial de acceso ao Porto Exterior, aberto este martes, para evitar o pagamento na AG-55. Critica o Ministerio de Fomento por negarse a negociar a supresión desta peaxe
José Luis Baltar Pumar e dúas testemuñas declaran este mércores pola denuncia ao seu fillo por ofrecer traballo a cambio de sexo
Co 99% do escrutinio en Perú continúa o empate técnico entre Kuczynski (50,16%) e Fujimori (49,83%). Kuczynski confía na súa vitoria, se se mantén a actual tendencia, pero di que hai que agardar ata o remate do proceso.
As vitorias de Hillary Clinton en Nova Jersey, Novo México e a vantaxe que presenta no escrutinio en California confirman a súa nominación como candidata demócrata, aínda non concedida polo seu rival. Bernie Sanders obtivo o triunfo en dous pequenos estados.