Os propietarios dun hospital concertado co Sergas legalizaron 113 millóns coa amnistía fiscal. Revélao eldiario.es dentro da exclusiva dos 'papeis de La Castellana".

Os propietarios dun hospital concertado co Sergas legalizaron 113 millóns coa amnistía fiscal. Revélao eldiario.es dentro da exclusiva dos 'papeis de La Castellana".
Adiada a declaración de José Luis Baltar na investigación contra o seu fillo. A maxistrada accedeu ao aprazamento para tramitar as alegacións presentadas polo avogado do exlíder do PP de Ourense, a quen investiga por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias.
Poletika presentou este mércores a súa avaliación dos programas electorais das principais forzas políticas, realizado en colaboración con máis de 500 organiacións sociais e comparando os textos dos partidos coas declaracións públicas realizadas polos seus líderes e pola práctica e votacións dos últimos catro meses no Congreso.
Javier Gómez Noya, premio Princesa de Asturias dos Deportes. O triatleta galego e pentacampión do mundo, vén de ser galardoado polo seu "brillaten palmarés" e o seu "espírito de superación".
O alcalde de Arteixo anima os e as veciñas a empregar o vial de acceso ao Porto Exterior, aberto este martes, para evitar o pagamento na AG-55. Critica o Ministerio de Fomento por negarse a negociar a supresión desta peaxe
José Luis Baltar Pumar e dúas testemuñas declaran este mércores pola denuncia ao seu fillo por ofrecer traballo a cambio de sexo
Co 99% do escrutinio en Perú continúa o empate técnico entre Kuczynski (50,16%) e Fujimori (49,83%). Kuczynski confía na súa vitoria, se se mantén a actual tendencia, pero di que hai que agardar ata o remate do proceso.
As vitorias de Hillary Clinton en Nova Jersey, Novo México e a vantaxe que presenta no escrutinio en California confirman a súa nominación como candidata demócrata, aínda non concedida polo seu rival. Bernie Sanders obtivo o triunfo en dous pequenos estados.
Por só tres votos de diferenza o consello político da CUP aproba rexeitar o proxecto de orzamentos presentado polo goberno catalán. A decisión foi xa criticada por CDC e ERC e ábrese a posibilidade dun adianto electoral.