TVE informou en maio sobre Venezuela máis do dobre de tempo que sobre o paro, segundo un informe do Consello de Informativos da canle pública estatal que recolle eldiario.es
Fálase
Ferrol anuncia os grupo e artistas que participarán o vindeiro 21 de xuño na gala solidaria A miña música, o teu refuxio, que se realizará tamén en Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia e Zaragoza. Iván Ferreiro, Triángulo de Amor Bizarro, Eladio y los Seres Queridos, Nicolás Pastoriza, Amaro Ferreiro e Disco Las Palmeras actuarán no Teatro Jofre, e a recadación será destinada a entidades como Acnur ou Cruz Vermella.
Unha testemuña protexida sinala dous futbolistas da selección española como presuntos implicados nun caso de explotación sexual. Cóntao eldiario.es
AXENDA DE CAMPAÑA - 10 DE XUÑO
- PP: Feijóo visita unha cooperativa agraria en Lugo e ofrece un mitin na Rúa con Baltar.
- En Marea: A coalición celebra os seus actos centrais fronte a Reganosa, pola mañá, e en Vigo, pola tarde.
- PSdeG: Leiceaga visita o porto de Arteixo e ofrece un mitin en Verín.
- BNG: Pontón acude a un acto a prol do tren de proximidade en Ferrol e participa nun mitin en Pontevedra.
O empresario Manuel Jove perde os cartos que investiu en Novagalicia Banco tras un novo ditame xudicial ao respecto. Recólleo Faro de Vigo
O CIS prognostica que o PP manterá o seus 10 escanos por Galicia, En Marea sumaría 1, ata os 7, e o PSdeG perdería un escano, ficando con 5. Ciudadanos mantería 1 escano. Máis información, hoxe en Praza.
Os propietarios dun hospital concertado co Sergas legalizaron 113 millóns coa amnistía fiscal. Revélao eldiario.es dentro da exclusiva dos 'papeis de La Castellana".
Adiada a declaración de José Luis Baltar na investigación contra o seu fillo. A maxistrada accedeu ao aprazamento para tramitar as alegacións presentadas polo avogado do exlíder do PP de Ourense, a quen investiga por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias.
Poletika presentou este mércores a súa avaliación dos programas electorais das principais forzas políticas, realizado en colaboración con máis de 500 organiacións sociais e comparando os textos dos partidos coas declaracións públicas realizadas polos seus líderes e pola práctica e votacións dos últimos catro meses no Congreso.