Unha testemuña protexida sinala dous futbolistas da selección española como presuntos implicados nun caso de explotación sexual. Cóntao eldiario.es

Unha testemuña protexida sinala dous futbolistas da selección española como presuntos implicados nun caso de explotación sexual. Cóntao eldiario.es
AXENDA DE CAMPAÑA - 10 DE XUÑO
O empresario Manuel Jove perde os cartos que investiu en Novagalicia Banco tras un novo ditame xudicial ao respecto. Recólleo Faro de Vigo
O CIS prognostica que o PP manterá o seus 10 escanos por Galicia, En Marea sumaría 1, ata os 7, e o PSdeG perdería un escano, ficando con 5. Ciudadanos mantería 1 escano. Máis información, hoxe en Praza.
Os propietarios dun hospital concertado co Sergas legalizaron 113 millóns coa amnistía fiscal. Revélao eldiario.es dentro da exclusiva dos 'papeis de La Castellana".
Adiada a declaración de José Luis Baltar na investigación contra o seu fillo. A maxistrada accedeu ao aprazamento para tramitar as alegacións presentadas polo avogado do exlíder do PP de Ourense, a quen investiga por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias.
Poletika presentou este mércores a súa avaliación dos programas electorais das principais forzas políticas, realizado en colaboración con máis de 500 organiacións sociais e comparando os textos dos partidos coas declaracións públicas realizadas polos seus líderes e pola práctica e votacións dos últimos catro meses no Congreso.
Javier Gómez Noya, premio Princesa de Asturias dos Deportes. O triatleta galego e pentacampión do mundo, vén de ser galardoado polo seu "brillaten palmarés" e o seu "espírito de superación".
O alcalde de Arteixo anima os e as veciñas a empregar o vial de acceso ao Porto Exterior, aberto este martes, para evitar o pagamento na AG-55. Critica o Ministerio de Fomento por negarse a negociar a supresión desta peaxe