Os cabezas de lista pola Coruña ás xerais debaten este mediodía na Cadena SER. Pódese escoitar ao vivo nesta ligazón

Os cabezas de lista pola Coruña ás xerais debaten este mediodía na Cadena SER. Pódese escoitar ao vivo nesta ligazón
Continúan en Francia as protestas contra a reforma laboral entre peticións de Hollande para que cesen pola Eurocopa. Crónica de The Guardian en eldiario.es
Comeza o período con máis horas de peches na autovía A-8 entre Lourenzá e Abadín por mor da néboa. Os datos ofréceos este domingo La Voz
A Xunta pechou 2015 cun 10% dos impostos pendentes de seren pagos. Cóntao Faro de Vigo
O PP inicia a campaña das xerais en cabeza e con Unidos Podemos e as confluencias a 5 puntos, segundo unha enquisa que hoxe publica La Vanguardia
O BNG fixa en Pontevedra as súas "liñas vermellas" para apoiar un eventual novo Goberno de España. “Somos os únicos que podemos condicionar o goberno sen mans atadas pola obediencia a Rajoy, Sánchez, Iglesias ou Rivera”, di Pontón. O decálogo, baseado no eido económico, pódese consultar na web electoral do Bloque.
Atopado en Santiago o corpo sen vida da muller desaparecida na cidade o pasado mércores. A Policía investiga as causas da morte, segundo indica La Voz
AXENDA DE CAMPAÑA - 11 DE XUÑO
TVE informou en maio sobre Venezuela máis do dobre de tempo que sobre o paro, segundo un informe do Consello de Informativos da canle pública estatal que recolle eldiario.es
Ferrol anuncia os grupo e artistas que participarán o vindeiro 21 de xuño na gala solidaria A miña música, o teu refuxio, que se realizará tamén en Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia e Zaragoza. Iván Ferreiro, Triángulo de Amor Bizarro, Eladio y los Seres Queridos, Nicolás Pastoriza, Amaro Ferreiro e Disco Las Palmeras actuarán no Teatro Jofre, e a recadación será destinada a entidades como Acnur ou Cruz Vermella.