Javier Gómez Noya finaliza no cuarto posto das series mundiais de tríatlon, desputadas en Leeds. Vídeo da TVG.
Fálase
O BNG anuncia a celebración de "EjpañaaCuatro", unha "parodia" do debate televisivo entre Rajoy, Sánchez, Iglesias e Rivera organizado para este luns. A formación convoca o acto para "denunciar que as forzas estatais só se lembran de Galiza en campaña" para este luns, ás 12 da mañá, na Praza Maior de Lugo
O PSdeG propón un "pacto de Estado" contra a violencia machista. Sinalouno a súa cabeza de lista pola Coruña, Pilar Cancela, baseándose nos datos do recente estudo do INE que indica un aumento das denuncias por estas agresións en sectores da poboación máis moza.
Bescansa apela aos "socialistas de corazón" para que apoien a En Marea o 26X. Afirmouno durante un mitin en Ourense xunto ao cabeza de lista da coalición, David Bruzos, e outros membros das candidaturas-
O Burela acada o subcampionato da Copa de fútbol sala feminino tras perder a final ante o Atlético de Madrid na quenda de penaltis. O equipo da Mariña vén de gañar a súa segunda Liga tras encadear 18 vitorias consecutivas.
O ataque contra un club de persoas LGTB en Orlando (EUA) suma xa 50 falecementos. Está a contalo eldiario.es
Os cabezas de lista pola Coruña ás xerais debaten este mediodía na Cadena SER. Pódese escoitar ao vivo nesta ligazón
Continúan en Francia as protestas contra a reforma laboral entre peticións de Hollande para que cesen pola Eurocopa. Crónica de The Guardian en eldiario.es
Comeza o período con máis horas de peches na autovía A-8 entre Lourenzá e Abadín por mor da néboa. Os datos ofréceos este domingo La Voz
A Xunta pechou 2015 cun 10% dos impostos pendentes de seren pagos. Cóntao Faro de Vigo