En Marea presenta o seu programa económico, con medidas como unha renda mínima garantida para persoas sen ingresos e a suba do salario mínimo ata os 900 euros mensuais. O documento foi presentado polos economistas Manuel Lago e Gonzalo Rodríguez xunto á candidata Yolanda Díaz, número dous pola Coruña, e o candidato ao senado García Buitrón.
