Leiceaga cre que en lugar de sorpasso "haberá sorpresa" polo resultado do PSOE o 26-X. O candidato socialista alerta da “trampa electoral” para “intentar tapar a alternativa de cambio profundo” das propostas socialistas “realistas, sensatas e posibles”
Fálase
#DebateTVG Ás 18:15 comeza o debate a cinco da TVG, entre PP, En Marea, PSdeG, BNG e Ciudadanos. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón e o máis destacado, este serán en Praza.
Dous altos cargos da Fundación Francisco Franco avalan a fianza de Mario Conde para que poida saír da cadea, segundo informa Europa Press. O ex-banqueiro estaba detido dende abril e o xuíz Pedraz impúxolle unha fianza de 300.000 euros.
A ministra de Fomento volve amosar en Santiago o seu “respecto” pola investigación xudicial de Angrois, que vén de reabrirse para analizar a responsabilidade de Adif. Pastor, preguntada en varias ocasións pola petición das vítimas de maior colaboración pola súa banda, limítase a expresarlles o seu “apoio”.
O curso escolar 2016-2017 comezará o 12 de setembro en Infantil e Primaria e o 15, en ESO, Bacharelato e FP. Consulta aquí o calendario escolar, publicado este mércores no DOG.
AXENDA DE CAMPAÑA - 15 DE XUÑO
- PP: Feijóo pasea por Fene e dá un mitin no teatro Jofre de Ferrol, á tarde.
- En Marea: A coalición presenta as súas propostas para o Senado pola mañá en Santiago e celebra mitin central ás 20:30 en Ponteareas.
- PSdeG: Leiceaga fai campaña en Salceda de Caselas e visita unha explotación gandeira na Capela.
- BNG: O Bloque presenta propostas para o ensino e, pola tarde, ofrece mitin central en Ourense.
- Ciudadanos: O candidato pola Coruña visita Feiraco e reparte propaganda electoral pola tarde en Santiago.
Esta tarde a TVG ofrece, ás 18:15, o debate electoral entre PP, En Marea, PSdeG, BNG e Ciudadanos
O informe Bandeiras Negras 2016 de Ecologistas en Acción sinala seis espazos da costa galega especialmente degradados: a Ría de Ferrol, a Ría de Pontevedra, as proximidades da planta de Alcoa en San Cibrao, o Porto Exterior da Coruña, a praia do Salgueirón (Cangas) e o urbanismo na Mariña lucense.
Centos de miles de persoas manifestáronse onte en Francia en contra da reforma laboral do Goberno socialista, na maior mobilización dende que se iniciou este conflito
Este mércores están convocadas manifestacións ante as embaixadas de Honduras en todo o mundo para pedir que se faga xustiza no asasinato da activista Berta Cáceres.
Unidos Podemos reduce a súa distancia co PP e segue ampliando a súa marxe en relación co PSOE, segundo a nova entrega da sondaxe de Celeste-Tel que publica eldiario.es. UP e socialistas acadarían ao redor de 170 escanos, preto da maioría absoluta.