Feijóo, increpado por "engañar con el idioma" e "nombrar a un nacionalista para las cuestiones del idioma". O presidente da Xunta tivo que xustificar a súa política lingüística ante unha votante que se sente "engañada".
Fálase
A Audiencia de Ourense confirma a absolución da ex-edil socialista Áurea Soto pola legalización de edificios na praza de San Antonio. A sala desestimou o recurso da Fiscalía e da acusación particular. "Non cabe falar de delito", resalta a sentenza.
Unha enquisa de MyWord para a Cadena Ser sinala que a cidadanía prefire maioritariamente un goberno Unidos Podemos-PSOE (34,4%), por riba da gran coalición (20,4%) ou dun pacto PP-C's (15,2%). O PP gañaría as eleccións (28,9%) por diante de Unidos Podemos (24,8%), PSOE (20,4%) e C's (14,4%)
Ciudadanos cita a Feijóo entre as persoas "con credibilidade" para substituír a Rajoy. Vén de afirmalo Juan Carlos Girauta en Catalunya Ràdio
En 2015 superáronse os 60 millóns de persoas desprazadas no mundo, segundo a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado. O 51% teñen menos de 18 anos.
Este xoves comezou o Arde Lucus, que ata o domingo levará a Lugo a milleiros de visitantes
AXENDA DE CAMPAÑA - 17 DE XUÑO
- PP: Acto ás 11 horas en Fisterra con Diego Calvo
- En Marea: Ás 20 horas, mitin en Carballo, con Antón Gómez-Reino, Yolanda Díaz, Antón Sánchez e Carmen Santos
- PSdeG: Ás 19.30 horas, mitin en Cervo dos candidatos ao Senado e ao Congreso, Ricardo Varela e Rodrigo Pavón
- Ciudadanos: A candidata por Pontevedra, María Rey, estará ás 20 horas na Praza da Peregrina
- BNG: Ás 19.30 horas Carlos Callón estará no Temple (Cambre), presentando unha proposta de rexeneración das rías
O pleno de Santiago aproba a ordenanza Compostela +, que inclúe a Renda Municipal de garantía básica cidadá. A capital galega aproba esta medida tan só uns días despois que na Coruña se aprobase a Renda Social Municipal.
Morre a deputada laborista británica Jo Cox, que foi tiroteada este mediodía preto de Leeds. A policía investiga se o atacante berrou "Britain first" (Reino Unido primeiro) antes de disparar, como asegura unha testemuña, o que relacionaría o agresor -detido- coa extrema dereita. A campaña do referendo sobre a permanencia na UE foi suspendida.
Rajoy pide unha TVE "independente" e "como a BBC" tras mudar a lei para que o seu Goberno puidese elixir a dirección da canle sen o apoio do resto de forzas. Recólleo eldiario.es