Ruiz-Gallardón ratifica que a reforma da lei do aborto na que traballa elimina a malformación do feto como suposto para que unha muller poida interromper voluntariamente o seu embarazo dentro da legalidade. Asegúrao nunha entrevista en El País.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/517d44688e56f-1367086948_129097_1367087356_noticia_normal.jpg)
Ruiz-Gallardón ratifica que a reforma da lei do aborto na que traballa elimina a malformación do feto como suposto para que unha muller poida interromper voluntariamente o seu embarazo dentro da legalidade. Asegúrao nunha entrevista en El País.
O PP carga contra Beiras en Twitter por non sumarse ao seu plan de recortar escanos no Parlamento. Nunha entrevista na Cadena SER o voceiro da AGE considerou que os conservadores procuran tender unha "cortina de fume" sobre as fotos de Feijóo e Dorado.
Xavier Vence chama, na homenaxe do BNG aos Mártires de Carral, a "rebelarse na defensa das clases populares e a soberanía", "como xa fixeron" os protagonistas da revolta de 1846.
Javier Arenas erixe o PP en partido "progresista" e asegura que "se rebela cada venres" coas decisións do Consello de Ministros. Recólleo a Cadena SER
Un policía resulta ferido por disparos nos actos de toma de posesión do novo goberno italiano
O colectivo Sei o que nos figestes... dedícalle un retranqueiro "narcocorrido" ao presidente da Xunta a causa das fotos con Marcial Dorado baixo o título O Contrabando e o Feijóo (Aí, aí)
O presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz, avisa de que os estados da Unión foron "demasiado lonxe" coa austeridade e cre falso que a redución de gasto público lle devolva a confianza á economía. Recólleo a Cadena SER.
As familias con dificultades para facerlles fronte aos seus recibos máis cotiáns en Galicia duplicaron en apenas dous anos, segundo analiza Faro de Vigo
Este mediodía péchase o congreso das Xuventudes Socialistas de Galicia, que veñen de elixir a Aitor Bouza como novo secretario xeral. A información, hoxe en Praza.
O Obradoiro imponse ao Lagun Aro por 73-77 e segue a loitar polo play off