Este mediodía péchase o congreso das Xuventudes Socialistas de Galicia, que veñen de elixir a Aitor Bouza como novo secretario xeral. A información, hoxe en Praza.
Fálase
O Obradoiro imponse ao Lagun Aro por 73-77 e segue a loitar polo play off
Esta tarde a primeira Asemblea Nacional da Mocidade Nacionalista Galega escolleu a Balbina Gándara como nova secretaria xeral. Na imaxe a nova Executiva.
Atopan etiquetas de El Corte Inglés e Mango nos obradoiros téxtiles do edificio derrubado en Bangladesh. Cóntao Infolibre.
O Club Deportivo Lugo logrou un valioso empate sen goles ante o Villareal no Anxo Carro.
Hai uns minutos comezou o debate e votación dos documentos políticos na Asemblea Nacional de Esquerda Unida. O máis destacado da xornada de debate da formación, hoxe en Praza.
O Celta de Vigo vén de lograr unha vital vitoria ante o Levante por 0-1 que o mantén vivo na loita pola permanencia.
O diario portugués Público analiza como o símbolo do caravel "aínda é incómodo para a dereita" nos actos de reivindicación do 25 de abril. Nem todos gostam de pôr um cravo vermelho ao peito
A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, chama a "fortalecer AGE". "Non só depende de nós, tamén dos compañeiros de viaxe, que de seguro o farán", afirmou durante a súa intervención ante o plenario da asemblea da formación, que se está a celebrar en Compostela.