A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, chama a "fortalecer AGE". "Non só depende de nós, tamén dos compañeiros de viaxe, que de seguro o farán", afirmou durante a súa intervención ante o plenario da asemblea da formación, que se está a celebrar en Compostela.
