Calculan que as dietas dos antidisturbios que blindaron o Congreso dos Deputados polas mobilizacións desta semana custaron 120.000 euros. Recólleo Faro de Vigo.
Fálase
Un xuiz do Supremo admite que participou na venda de preferentes, segundo conta Público.es
O anuncio de novos impostos e máis paro por parte do Goberno central marca hoxe as primeiras páxinas dos diarios impresos.
Hoxe Esquerda Unida celebra a súa asemblea en Compostela. Está previsto que este serán se voten as resolucións políticas e o novo Consello Político Nacional. (foto: @eva_solla)
Vén de comezar o Comité Nacional do PSdeG. Pachi Vázquez vaille propoñer aos membros deste órgano a celebración de primarias o 7 de setembro e o día 28 dese mesmo mes, o Congreso Nacional.
Cayo Lara denuncia en Compostela que "o Goberno pasou da mentira á desesperanza e vén de asumir o fracaso das súas políticas". Tamén manifestou o seu apoio a Xosé Manuel Beiras: "Ese xesto de indignación non é de estrañar nunha situación na que tanta xente sofre a violencia todos os días. É un xesto en plena sintonía co que está sucedendo na rúa".
A Xunta vén de facer públicos os contratos coas empresas de Marcial Dorado. A información, esta tarde en Praza.
Bieito Rubido, director de ABC, négase a rectificar as declaracións que realizou en TVE sobre Eduardo Madina: "simpatiza máis co que representa ETA que co que representa o PP"
A policía atribúelle a Luis Bárcenas a letra da contabilidade segreda do PP, segundo un informe pericial entregado ao xuiz Ruz
A confusión e a ambigüidade están marcando a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros. Non queda claro se a "desindexación do IPC" afectará ás pensións ou se haberá aumento dos impostos especiais coma os medioambientais ou os que afectan a tabaco e alcol. Saenz de Santamaria, De Guindos e Montoro tampouco responden con claridade ás preguntas dos xornalistas. Na rede comeza a estenderse o titular de que "haberá que agardar ao BOE de mañá para sabelo".