O Club Deportivo Lugo logrou un valioso empate sen goles ante o Villareal no Anxo Carro.
Fálase
Hai uns minutos comezou o debate e votación dos documentos políticos na Asemblea Nacional de Esquerda Unida. O máis destacado da xornada de debate da formación, hoxe en Praza.
O Celta de Vigo vén de lograr unha vital vitoria ante o Levante por 0-1 que o mantén vivo na loita pola permanencia.
O diario portugués Público analiza como o símbolo do caravel "aínda é incómodo para a dereita" nos actos de reivindicación do 25 de abril. Nem todos gostam de pôr um cravo vermelho ao peito
A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, chama a "fortalecer AGE". "Non só depende de nós, tamén dos compañeiros de viaxe, que de seguro o farán", afirmou durante a súa intervención ante o plenario da asemblea da formación, que se está a celebrar en Compostela.
A presidenta do 'banco malo' gañou 33.000 euros por un mes de traballo. Cóntao El País.
Un grupo de militares maniféstase contra o goberno central para reclamar "liberdade de expresión" e canta Grândola, vila morena. Cóntao El Diario.
Calculan que as dietas dos antidisturbios que blindaron o Congreso dos Deputados polas mobilizacións desta semana custaron 120.000 euros. Recólleo Faro de Vigo.
Un xuiz do Supremo admite que participou na venda de preferentes, segundo conta Público.es