O pleno de investidura de Sánchez adiántase un día, ao 1 de marzo. Rivera pídelle "cinco reformas exprés" da Constitución para darlle o seu apoio
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56cc47c0002f8-rivera-apuesta-incompatibilidad-publicos-trabajar_ediima20160209_0472_4.jpg)
O pleno de investidura de Sánchez adiántase un día, ao 1 de marzo. Rivera pídelle "cinco reformas exprés" da Constitución para darlle o seu apoio
Abanca pechou 2015 cun beneficio neto de 330 millóns e incrementa o financiamento concedido un 52%. A entidade atribué os resultados ao "crecemento dos ingresos recorrentes gracias ao relanzamento da actividade con pemes e familias".
Feijóo convoca de urxencia a prensa para, previsiblemente, anunciar a fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. O presidente da Xunta comparecerá este mediodía no Pazo de Raxoi acompañado polos alcaldes de ambos municipios, nos que goberna o PP con maioría absoluta e que xuntos suman algo menos de 7.000 habitantes.
A Xunta reclama en Bruxelas subir o prezo de intervención para acabar coa crise do lácteo. A CE xa negou esta posibilidade en setembro e aprobou axudas que Medio Rural di que "non funcionan".
Pastor advirte a A Coruña que o convenio obriga a vender terreos no porto para financiar o peirao de Langosteira malia a oposición do Concello. A ministra de Fomento advirte que non se pode "saltar a lei".
O PSOE, Podemos, as confluencias, IU e Compromís volverán reunirse este martes na busca dun pacto de esquerda. Os socialistas reúnense á vez con Ciudadanos, co que ten un acordo case pechado.
Cada traballador galego ten que soster a nómina dun pensionista ou un parado. A ratio entre cotizantes e perceptores só ten un desequilibrio peor en Asturias.
Alcades e Xunta selan o acordo histórico da área metropolitana de Vigo tras superar os atrancos do transporte. Rueda di que "xa non hai volta atrás" e Caballero fala de "moi bo acordo".
Un fallo de construción obriga a revisar 70.000 pedras no Gaiás. Pasará máis dun ano con andamios malia que se abriu hai pouco e costou 300 millóns.
Anova advertiu a Podemos de que non se estaba a cumprir co acordo de En Marea e pide "reconducir" a situación. A formación nacionalista expresou a súa queixa nun escrito a Podemos e EU ao que tivo acceso Europa Press.